Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ DEMANDA A CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL EN RIBADEO. O REXEDOR LÉMBRALLE Á XUNTA QUE A ACTUAL GARDERÍA TEN LISTA DE ESPERA E QUE MOITOS PAIS SE VIRON NA OBRIGA DE LEVAR AOS SEUS NENOS A BARREIROS E CASTROPOL.
Ribadeo, 28 de outubro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, viaxou a Santiago onde mantivo un encontro co xerente do Consorcio Galego de Servizos Galegos para demandar a posta en marcha dunha nova escola infantil de 0 a 3 anos. O rexedor asegura que actual gardería ten lista de espera e que moitos pais se viron obrigados a levar aos seus nenos a Barreiros e Castropol.
Suárez Barcia sinalou que “esta gardería que ten Ribadeo conta con 105 prazas e foi ampliada hai tres anos, pero a necesidade, afortunadamente para Ribadeo, porque é unha vila viva, porque é un concello dinámico no que cada vez hai máis xente, fixo que dita ampliación sexa insuficiente. Para iso hai uns dous anos asinamos un convenio coa Xunta anterior polo cal se cederan uns terreos propiedade do Concello na rúa Paco Lanza para facer unha nova gardería pública, contando así Ribadeo con dúas”. O alcalde manifestou que “isto foise demorando no tempo e veño de manter unha xuntanza co xerente actual do Consorcio Galego de Servizos Sociais para amosarlle a preocupación máis absoluta que existe en Ribadeo, e eu como alcalde non podo ser alleo a isto. A día de hoxe hai xente que vive en Ribadeo e que está a levar aos seus nenos ás garderías de Castropol e Barreiros porque a nosa está a tope e hai lista de espera. Dita lista aínda non reflicte a realidade que temos porque hai moita xente que xa en vista de que non ía ter praza non se anotou para poder concurrir a unha das prazas para os seus fillos”.
O rexedor engadiu que “o xerente con boas palabras me di que están tentando negociar co ministerio para asinar un novo convenio e que Ribadeo será unha prioridade para eles. Pero o tempo pasa, os pais e as nais teñen aos nenos ao coidado de terceiras persoas porque non contan con praza na gardería e outros levan aos seus fillos a Barreiros e Castropol… todo isto denota que a Xunta debe esmerarse para que unha vila dinámica como poucas que é Ribadeo non quede condenada a ser unha vila de segunda cunha única escola infantil de 0 a 3 anos”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



