Nota de Prensa
RAQUEL ARIAS VISITOU AO LUCENSE ÓSCAR RODRÍGUEZ, FINALISTA DUN PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA, QUE PRESENTA A SÚA OBRA NA EXPOSICIÓN “TESOUROS PRIVADOS”
* Tanto a candidatura do artesán lucense ao certame nacional como a mostra na que actualmente participa en Santiago de Compostela foron promovidas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2010.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou hoxe acompañada de Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a mostra na que o artesán viveirense Óscar Rodríguez presenta a súa obra dentro da exposición Tesouros privados, que se celebra no Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela, dende o 9 de setembro e ata o 24 de outubro
Esta mostra, dedicada á xoiería contemporánea en Galicia, está organizada pola Dirección Xeral de Comercio e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organismo que promoveu a candidatura de Óscar Rodríguez aos V Premios Nacionais de Artesanía, nos que resultou finalista.
A delegada territorial felicitou a Óscar Rodríguez polo éxito acadado no certame nacional, ao tempo que admirou a súa obra e subliñou “a importancia deste premio, que celebra o talento do artesán viveirense e acredita a boa liña de traballo que seguen a Dirección Xeral de Comercio e o Centro Galego de Artesanía”.
Arias destacou que “tres das cinco obras seleccionadas polo xurado dos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Produto son de artesáns galegos que foron propostos pola Fundación Centro da Artesanía e do Deseño”. Trátase de Viviana Araújo, de Pontevedra, Rosa Méndez, de Teo, e o lucense Óscar Rodríguez, todos eles en posesión da carta de artesán outorgada pola Dirección Xeral de Comercio e donos de obradoiros artesáns inscritos dentro do Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.
O artesán Óscar Rodríguez é un dos xoieiros máis recoñecidos tanto en España como en diferentes países europeos. Está especializado na elaboración de xoias con deseños exclusivos e de alta calidade.
O selo especial de Óscar Rodríguez é a capacidade de innovación e de facer propostas frescas e sorprendentes con cada nova colección. En concreto, “Tesouros do Mar”, seleccionada como finalista no certame nacional, toma como base as cunchas mariñas para preparar unha serie de xoias exclusivas combinadas con ouro e outros metais e con pedras preciosas.
Na exposición “Tesouros privados” participan arredor de 40 autores e unha cantidade aproximada de 200 pezas, ofrecendo un escaparate das diferentes propostas do sector da xoiería galega.
Raquel Arias visitou a exposición e gabou o alto nivel dos participantes. “En Galicia sempre tivemos artesáns de moito talento –afirmou-. O papel da Xunta consiste en apoiar ese talento, e así o está a facer a través da Consellería de Economía e Industria e, en concreto, da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que impulsa diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



