Nota de Prensa
O GMPP pregunta pola compatibilidade da doctora do Centro de Drogas.
Os populares cren que puidera simultanear o seu traballo con substitucións no SERGAS.
Consideran que a política laboral do alcalde “é desastrosa”.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela presentou no pleno celebrado no día de onte, xoves, unha pregunta para interesarse polo contrato da doctora da UAD (Unidade de Atención á Drogodependencia), xa que cren que esta persoa podería estar, de forma simultánea, traballando ocasionalmente para o SERGAS.
Os populares entenden que esta persoa, actualmente con permiso non retribuido, non cumple regularmente co seu horario de traballo polo que entendemos que desde o concello debe aclararse se efectivamente traballa para o SERGAS ocasionalmente ou non, ainda que todo apunta a que así é. De feito, a esta persoa non se lle concedeu a compatibilidade por parte do concello, porque sencillamente non a solicitou. Outra persoa que traballa na UAD, en cambio, sí solicitou compatibilidade para realizar outra actividade e foille concedida.
Segundo o GMPP, este feito alomenos é irregular, porque, ainda con permiso non retribuido, ou durante as súas vacacións, as cotizacións á seguridade social por esta persoa sígueas facendo o concello; e se é verdade que se ausenta do seu traballo para ir traballar ó SERGAS, non habería dúbida de que se estaría cobrando dos cartos de todos os veciños e veciñas de Burela e ó mesmo tempo de todos os cidadáns galegos. Se o pode facer, nada que decir, pero alomenos entendemos que debería pedir a compatibilidade para que non haxa dúbidas ó respecto.
Os populares consideran que a resposta que deu o alcalde demostra que o alcalde é coñecedor do que está a suceder, pero que ademais consínteo, porque mesmo se atreveu a insinuar que esto xa se falara cando se contratou a esta persoa. Respectando o dereito ó traballo desta persoa, desde o PP temos que decir que a partires de agora os traballadores municipais teñen barra libre para traballar onde queiran e cando queiran, porque se o fai unha persoa por qué non as demais. Por certo, parece que desde a dirección da UAD se lle remitiu escrito ó alcalde para que abrira expediente a esta persoa, sen que hasta agora fixese nada, como nel é habitual.
Polo tanto, a resposta inmediata é do alcalde, “ainda que dubidamos que a dé, porque este home leva unha política de persoal errática, como o demostra que a Relación de Postos de Traballo (RPT) ainda non se elaborara; que a productividade, vendida como medida estrella para os traballadores do concello, se pagase un ano e logo se retirase; que se faigan esporádicamente comidas de traballadores en instalacións muncipais, ou que o rexistro municipal non teña un responsable definido nas últimas semana, xa que mesmo chega a ser antendido por traballadores que son do grupo A da administración”.
“E todo esto, segundo o PP, sen que o alcalde aparentemente se entere de nada”. Polo tanto, “pedimos que explique a situación desta traballadora; se é legal, non pasa nada, pero se non o é, o alcalde debe dar as explicacións pertinentes e adoptar as medidas necesarias e suficientes para poñer coto a esta situación”.
Outra mostra máis da errática política laboral que se leva desde a alcaldía é que os policías municipais que fixeron horas extras durante as festas xa cobraron esas horas, o que nos parece ben, porque teñen dereito a elas. Pero os traballadores municipais que fixeron horas estras os días da ríada de mediados de xuño ainda non viron nin un só euro, e hai traballadores que teñen pendientes de cobro seiscentos euros. O alcalde tampouco aclarou cando cobrarían, a pesares de que o Estado xa lle enviou ó concello unha axuda de noventa mil euros para paliar os efectos das inundacións.
Ademais, no turno de rogos e preguntas o PP interesouse pola situación dunha plantación de eucaliptos ó lado do CEIP Vista Alegre que o concello ordenou retirar en xuño e que ainda permanece nas mesmas condcións, co conseguinte risco en caso de vento. A resposta do alcalde non deixa lugar a dúbidas da forma de ser absolutamente contradictoria do alcalde: os veciños teñen que convencerse por si solos das cousas que teñen que facer, o que demostra que el non vai facer nada.
Por último, os populares preguntaron polas queixas que xa hai rexistradas no concello polas molestias ocasionadas polos pubs Karben e antiguo KKUET. O PP pediu que se actúe cos mesmos criterios para todos, cousa que agora non está a acontecer, xa que algúns péchanse e outros pagan as multas mesmo a prazos.


















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



