NOTA DE PRENSA
O deputado nacionalista vén á Mariña a “rirse dos veciños” e a facer como se os catro anos anteriores non existiran
O QUE FERNANDO BLANCO (BNG) DEBERA EXPLICAR NA MARIÑA É POR QUE O ANTERIOR GOBERNO BIPARTITO NEGOU REPETIDAMENTE AS MELLORAS SANITARIAS E DE BENESTAR QUE AGORA RECLAMA
* Os nacionalistas impediron repetidamente a dotación das urxencias para Foz, pese a telas comprometidas incluso por escrito, non foron quen de poñer en marcha a ambulancia medicalizada, nin a residencia e permitiron o maior deterioro nunca antes sufrido da sanidade comarcal, con listas de espera que chegaban aos centros de saúde e citas escondidas nun caixón nas consultas de especialistas do Hospital.
A Mariña lucense, 28 de outubro de 2010.- En opinión do Partido Popular da Mariña o que o deputado do BNG Fernando Blanco debera ter explicado na súa visita de hoxe á nosa comarca e por que o anterior goberno bipartito negou repetidamente as melloras sanitarias e de benestar que agora reclama. Na opinión dos populares o deputado nacionalista veu á Mariña a “rirse dos veciños” e facer “como se os catro anos anteriores non existiran”.
Emma Álvarez lembrou que o BNG impediu repetidamente, co seu voto negativo no Parlamento, a dotación do servizo de urxencias para Foz –“todo iso pese a que o seu xefe de filas por entonces, o señor Quintana, o tiña prometido incluso por escrito”. Na relación de incumprimentos do BNG coa bisbarra a deputada lembra tamén que os nacionalistas non foron quen de poñer en marcha a ambulancia medicalizada, nin unha nova residencia para persoas maiores. Ademais o BNG “estivo mudo e foi cómplice” dunha política, a desenvolvida pola anterior Xunta bipartita, na que a sanidade pública comarcal sufriu “o seu maior deterioro”, con listas de espera que incluso afectaban aos centros de saúde, e miles de citas para a consulta dos especialistas do Hospital “escondidas nun caixón, mentres os veciños agardaban por unha chamada telefónica”.
A dirixente popular mariñá, emprazou aos nacionalistas a gardar “un maior respecto” polos veciños da Mariña que, aínda que o BNG non o crea “teñen memoria” e significou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo cumprirá os seus compromisos coa comarca como xa se puido observarse coa dotación de servizos que están en funcionamento como a UVI-móbil.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



