Nota de prensa
NEVES CANDO ASEGURA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA DO VINDEIRO ANO PARA A VILA SON UNHA VERGOÑA E UNHA BURLA PARA OS VECIÑOS. A TENENTE DE ALCALDE DI QUE OS INVESTIMENTOS PASARON DOS 6 MILLÓNS DE EUROS DO ANO 2009 AOS 760.000 DO 2011.
Burela, 26 de outubro de 2010. A tenente de alcalde do Concello de Burela, Neves Cando, asegura que os orzamentos da Xunta do vindeiro ano para a vila son unha vergoña e unha burla para todos os veciños. Os investimentos pasaron dos 6 millóns de euros do 2009, ano do bipartito no goberno galego, aos 760.000 euros do 2011 co PP á fronte da Xunta.
Neves Cando dixo que “despois da analizar o proxecto de orzamentos da Xunta do PP para o vindeiro ano e no que se refire ao Concello de Burela hai que cualificalos de auténtica burla para todos os veciños e veciñas do noso pobo. E son unha burla porque non só non recollen nada novo para Burela senón que incluso diminúen os investimentos con respecto a anos anteriores. Burela non conta para o goberno do PP na Xunta”.
Facendo unha análise comparativa con respecto aos tres últimos anos “vemos que Burela está a ser esquecida polo goberno galego do PP e ante isto o PP de Burela agocha a cabeza e cala pola vergoña que debe sentir ao analizar as cifras para o ano 2011. Si no 2009, nos últimos orzamentos feitos polo anterior goberno galego, os investimentos en Burela eran de máis de 6 millóns de euros, pasamos no 2010 co goberno do PP a 2 millóns de euros, o que supuxo unha importante rebaixa, e agora para o 2011 só hai consignados 760.000 euros para Burela, unha auténtica vergoña e burla para todos”.
A edil nacionalista explicou que “destes 760.000 euros, 200.000 van destinados ao acceso ao porto, unha cantidade ridícula para a envergadura da obra, o que demostra que non van facer nada. Unha obra que polas previsións que fai a Xunta non rematará antes do 2013, cando se fará hipotéticamente a inversión maior. Destes 760.000 euros outros 350.000 van destinados a reformas diversas no Hospital da Costa e 175.000 para a adquisición de equipamentos para esas instalacións ademáis de 40.000 euros para diversas actuacións no centro de saúde. E isto é todo, non hai nada máis para Burela nos orzamentos da Xunta do PP para o 2011”.
Cando lembrou que “hai uns anos ao PP de Burela enchíaselle a boca solicitando con extrema urxencia unha reforma decidida no Hospital da Costa, dotación de resonancia magnética estable e mamógrafos para ese servizo comarcal e agora non hai nada de nada de todo isto nos orzamentos para 2011. O PP no goberno galego suprimiu o servizo de unidades móviles para a detección do cancro de mama das mulleres da comarca da Mariña e agora con estes 175.000 euros de equipamentos van comprar algunhas cousas para o Hospital da Costa, pero desde logo por esa cantidade non haberá para nin para resonancias nin para mamógrafos”.
A tenente de alcalde engadiu que “nos orzamentos da Xunta para os anos 2008 e 2009 o PP de Burela esixía a inclusión do plan director do porto de Burela, a reforma do Hospital da Costa, unha resonancia magnética estable, a construcción dun porto deportivo en Burela e unha gardería no hospital, pero nada disto recolleron nos orzamentos que fixeron no 2010 e menos agora no 2011. Ésta é aposta do PP por Burela para o vindeiro ano 75 euros de inversión por cada habitante de Burela, unha vergoña e unha burla”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



