Nota de prensa
RAQUEL ARIAS ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 4,2 MILLÓNS DE EUROS NA POSTA EN MARCHA DE NOVE PROGRAMAS MIXTOS DE FORMACIÓN E EMPREGO
* A delegada territorial informou da concesión dunha nova escola obradoiro ao Inludes e de obradoiros de emprego a oito concellos da provincia
* Lugo acolle no global do ano 37 programas mixtos de formación e emprego, que superan os 18,7 millóns de euros de investimento e benefician a máis de 800 persoas desempregadas
Lugo, 15 de novembro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, comunicou hoxe a aprobación por parte da Consellería de Traballo de oito obradoiros de emprego e unha escola obradoiro a desenvolver na provincia de Lugo a partir do vindeiro mes de decembro, que suman un investimento de 4.224.824 euros.
Os oito obradoiros que se empezarán a realizar a finais do presente ano correspóndense cos oito que, por estrito orden, obtiveron mellor puntuación no proceso de concorrencia competitiva que se desenvolve a partir da orde que establece o funcionamento deste tipo de programas formativos.
Arias destacou que estes programas mixtos de formación e emprego “beneficiarán a 196 traballadores desempregados, que adquirirán novas habilidades profesionais á vez que desenvolven un traballo remunerado”.
Os proxectos subvencionados son os promovidos polo Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes) e os concellos de Carballedo, Palas de Rei, Folgoso do Courel, O Corgo, Abadín, Friol, Antas de Ulla, O Valadouro-Alfoz, estes últimos unidos na Mancomunidade de Municipios Río Ouro.
Arias indicou que estas iniciativas “poñeranse en marcha en decembro deste mesmo ano, e veñen a sumarse aos catro que se iniciaron no mes de xullo, nos concellos de Ourol, Cervo, Láncara, O Saviñao”.
En total, incluíndo os proxectos rematados a mediados de ano, e os que finalizan e comezan en decembro, a Consellería de Traballo e Benestar terá subvencionado no 2010 na provincia de Lugo 37 programas mixtos de formación e emprego.
O investimento global destas iniciativas supera os 18,7 millóns de euros, beneficiando a 788 alumnos traballadores e dando tamén emprego a outras máis de 40 persoas, entre monitores e persoal de dirección e administrativo.
Os participantes neste tipo de proxectos “reorientan a súa traxectoria laboral cara aos novos viveiros de emprego”, como a asistencia sociosanitaria –impulsada pola Lei de Dependencia- ou as enerxías renovables, pero tamén “cara a oficios tradicionais que rexistran unha ampla demanda no mercado de traballo”, explicou Arias.
Ademais de favorecer a inserción laboral dos participantes, os obradoiros de emprego centran a súa actividade na execución de obras e servizos de interese xeral e social, “que polo xeral redundan na melloría de infraestruturas e dotacións en beneficio dos veciños e veciñas do municipio de referencia”, afirmou a delegada.
O proxecto de escola obradoiro aprobado nesta ocasión é o de Servizos á comunidade II, o que supón dar continuidade a esta iniciativa promovida polo Inludes. Nestes momentos está en marcha a primeira edición, que rematará no mes de decembro, coincidindo co comezo desta nova etapa. Acollerá a 26 alumnos e alumnas menores de 25 anos e representa un investimento da Consellería de Traballo de 546.042 euros.
A escola obradoiro ten unha duración de 18 meses, superior, por tanto, aos 12 meses que duran os obradoiros de emprego. Imparte a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e os participantes realizarán o traballo práctico no centro residencial de San Roque e na residencia San Vicente de Paúl para persoas con discapacidade intelectual.
Obras e especialidades profesionais
Os concellos, pola súa banda, organizarán obradoiros de emprego, dirixidos a persoas desempregadas de 25 anos ou máis e que, a diferenza das escolas obradoiro, combinan dende o primeiro día a formación teórica e a práctica profesional –no caso das escolas obradoiro hai unha primeira fase puramente formativa-.
A rehabilitación de antigas escolas e outros inmobles para uso comunitario, a adecuación de espazos urbanos ou naturais, e a construción e colocación de mobiliario urbano son os proxectos que máis abundan entre as propostas a acometer polos traballadores e traballadoras dos obradoiros.
Os obradoiros de Palas de Rei e Friol introducen formación en asistencia sociosanitaria a domicilio; o primeiro oferta ademais as especialidades de operacións en formigón e instalación de enerxías renovables, e o segundo inclúe albanelaría e carpintería metálica.
O concello do Corgo tamén oferta a especialidade de operacións en formigón, ao igual que os obradoiros da Mancomunidade de municipios Río Ouro –xunto coas de instalación de elementos de carpintaría e xardinaría-, e de Carballedo –igualmente xunto á de instalación de elementos de carpintaría-.
A albanelaría está presente nos outros tres obradoiros restantes. E materia única no de Folgoso do Courel, e combínase coa especialidade de pavimentador azulexador en Abadín e coa de xardinaría en Antas de Ulla.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



