Nota de prensa
A Deputación mobiliza a 42 operarios e 20 vehículos para atender as incidencias que ocasione o temporal de vento e choiva
– Arestora cómpre circular con precaución pola CP 0702 en Cervantes, debido á presenza de neve o que provocou que quedase atrapado un camión, e polas CP 6010 e CP 6402 na Mariña, nas que se produciron asolagamentos
– A intensidade das choivas caídas nas últimas horas provocou tamén caídas de árbores e 10 viais de Montaña, que xa foron retirados da calzada
– O dispositivo despregado polo organismo provincial permanecerá en alerta ata que remita o temporal
A Deputación mantén despregado dende onte un amplo dispositivo para atender as incidencias que poida ocasionar o temporal de vento e choiva que está a afectar á provincia e con máis forza á Mariña, onde a flota permanece amarrada e se rexistraron rachas de 100 quilómetros por hora. Nestes momentos, as empresas adxudicatarias da Conservación da rede viaria provincial están a traballar para atender todas as incidencias rexistradas. En total, o amplo dispositivo despregado pola Deputación está formado por 42 operarios e 20 vehículos.
Arestora cómpre circular con precaución pola CP 0702 en Cervantes, debido á presenza de neve o que provocou que quedase atrapado un camión, e polas CPs 0610, que vai de Ribadeo a Barreiros, e CP 6402 no Vicedo, nas que se produciron asolagamentos.
Asimesmo, a intensidade das choivas tamén ocasionaron caídas de árbores en 10 viais da Montaña, que nestes momentos xa foron retirados da calzada. É o caso das estradas 0703, 0705 e 0709, en Becerreá; nas CPs 1904 e 1910 en Fonsagrada; na CP 3606 en Negueira de Muñiz; nas CPs 3701 e 3704 nas Nogais; na CP 504 en Quiroga; e na CP1306 que comunica Samos con Incio.
O dispositivo mobilizado pola Deputación continúa en alerta para atender calquera tipo de incidencia que poida xurdir ó longo das vindeiras horas nas estradas da súa titularidade, garantindo a seguridade dos usuarios das mesmas.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



