Cada día que pasa resulta máis evidente a estratexia seguida polo PSOE e o BNG de converter a sanidade pública nun arma da confrontación política partidista co obxecto de obter réditos electorais. Non parece importarlles se os argumentos que empregan neste ataque son falsos e responden á máis vil das manipulacións. O único obxectivo é xerar alarma social, confusión e incerteza nun ámbito tan sensible como é o que afecta á saúde das persoas.
Tras a derrota electoral que levou á oposición ao bipartito, como consecuencia precisamente da súa mala e lesiva xestión dos servizos públicos e, de xeito moi destacado da sanidade pública, escoitamos de todo: Desde que a Xunta quería pechar o hospital e trasladar a toda a xente a Lugo –algo manifestamente falso-, ata que pretendíamos baleirar de competencias ao director xerente, cando en realidade ganaba en autonomía e poder de decisión, incorporando baixo a súa dirección os centros de saúde. Tamén nós insistimos no pasado na necesidade de mellorar o sistema sanitario, pero sempre demostramos as nosas denuncias co respaldo de documentación oficial e datos fidedignos.
Pero sen dúbida, nas últimas semanas o PSOE superou con creces as liñas vermellas do aceptable. Xa non lles vale atacar aos actuais políticos e xestores do SERGAS, agora incluso insultan aos médicos. Denigran a súa profesionalidade e honorabilidade acusándolles de ter un interese económico por dar altas aos doentes. Días despois de coñecer esta grave e falsa acusación seguimos á espera de que o líder dos socialistas Manuel Vázquez se desculpe. Quen chamou corruptos aos profesionais sanitarios, e non rectifica, queda desacreditado como político e como médico. A posición desbocada de Vázquez, moi nervioso ante o prognóstico de malos resultados do PSOE nas vindeiras eleccións municipais, levouno a facer oposición, xa non á Xunta, senón aos médicos, e iso demostra ata que punto están perdidos na actual dirección do PSOE galego.
O servizo público fundamental nunha sociedade é sanidade pública. Por iso desde o Partido Popular e desde a responsabilidade de Goberno da Xunta seguiremos traballando para mellorala, para corrixir os problemas que outros nos deixaron, agochando por exemplo máis de 4.000 doentes sen cita nos caixóns, aos que agora temos que garantir que reciban a asistencia sanitaria debida que antes lles negaron.
Subscribimos ao cen por cen as palabras do Presidente da Xunta na pasada fin de semana, “os mesmos que insultan a dignidade dos médicos do Hospital da Costa son os durante catro anos non meteron un so euro neste centro”. Pola contra desde o PP non insultamos a ninguén, “e agradecemos o seu traballo ao persoal deste Hospital que ten moitos doentes e moitas necesidades que cubrir. Non nos esquecemos deles, e por iso no orzamento do 2011 empezaremos a mellorar, a reformar e a ampliar o Hospital da Costa conforme ao compromiso que adquirimos”.
Jose Manuel Balseiro Orol
Deputado






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



