Nota de prensa:
O BNG CRITICA QUE O CONCELLO SE ADHIRA AGORA AO CONSORCIO GALEGO DOS SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, CANDO ESTÁ A PIQUES DE DESAPARECER. OS NACIONALISTAS PÍDENLLE TAMÉN SERIEDADE A FEIJOO, A ARIAS E A FUENTE CO CENTRO DE DÍA TAN ANSIADO PARA BARREIROS.
Barreiros, 19 de novembro de 2010. O BNG critica que o Concello se adhira agora ao Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar, cando está a piques desaparecer. A única explicación que atopan os nacionalistas son os 114.000 euros que recibirá o equipo de goberno para mercar o equipamento do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Os nacionalistas tamén se interesaron no pleno de onte polo prometido centro de día para Barreiros.
Veiga explicou que “no pleno celebrado onte houbo unha proposta da alcaldía de Barreiros, do PP, de integrarse no Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar. Despois de varias iniciativas do BNG nos últimos catro anos pedindo que o Concello de Barreiros se integrara neste importante Consorcio Galego e despois de que o PP por todos os medios en diferentes puntos do país tentase boicotear este importantísimo instrumento para dar boa atención aos galegos e ás galegas en materia de igualdade e benestar, despois de todo isto curiosamente agora o Concello de Barreiros, a piques de que a Xunta do PP disolva dito consorcio vai e adhírese a él”.
Para os nacionalistas “isto ten unha explicación, a que deu o alcalde Alfonso Fuente Parga, e é que para acabar por fin de dotar de mobiliario e de equipamentos ao novo centro sociocultural se necesitaba estar incluidos nese consorcio para recibir eses 114.000 euros. Ese é o motivo polo que o Concello de Barreiros se integra no consorcio”.
Antonio Veiga lembrou que “ese centro sociocultural, que agora se pretende acabar, rematóuse no ano 2004 e se entregou ao Concello de Barreiros e houbo que agardar 6 anos para poder utilizalo con todas as garantías e con todas as comodidades. Iso denota a incapacidade total do equipo de goberno do PP de Barreiros. Non é de recibo que seis anos despois de rematado un edificio aínda se estean a solicitar cartos para equipalo e para amueblalo”.
Desde o BNG engadiron que “no pleno preguntámoslle ao alcalde para qué era esta adhesión ao consorcio e qué tiña que ver co centro de día prometido para Barreiros. O centro de día prometéuno Feijoo cando dixo que todos os concellos de máis de 1.500 habitantes terían unhas instalacións deste tipo, tamén o prometeu a delegada territorial Raquel Arias no último xantar para a terceira idade e prometéuno o propio Alfonso Fuente”. O portavoz do Bloque Nacionalista Galego pídelles que “se poñan de acordo porque o que nos preguntaba o alcalde neste pleno é qué se entendía por un centro de día e chegóunos a dicir que se podería reconvertir o centro sociocultural nun centro de día. Parécenos que non cumpre coas condicións técnicas esixidas porque un centro de día é un centro de atención e non un centro de reunión que creo que é o que pretende Alfonso Fuente, dado que polo que vemos esa famosa Axencia Galega de Servizos Sociais, que vai substituir ao consorcio, non avanza e todas as promesas realizas por Feijoo e Arias van sendo papel mollado”.
O BNG advirte que “a lexislatura vai avanzando e os veciños de Barreiros seguimos agardando por ese ansiado e necesario centro de día. Que se poñan de acordo Alfonso Fuente e Raquel Arias, xa que diante de 400 veciños dixeron que ese centro ía ser unha realidade e haberá que explicarlles onde se construirá. A día de hoxe o Concello non ten ningún terreo específico para esas instalaciones, non se pode xogar coa xente e moito menos coas persoas maiores que demandan este centro desde hai moito tempo. Pedímoslles seriedade tanto a Feijoo, a Arias como a Fuente e que non xoguen cos maiores de Barreiros”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



