Nota de prensa:
O BNG TILDA DE COMPLICADA E CAÓTICA A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE BARREIROS E CULPA AO ALCALDE E AO CONCELLEIRO DE ECONOMÍA. A LIQUIDACIÓN DE 2009 PECHÓUSE CUN DÉFICIT DE MÁIS DE 230.000 EUROS.
Barreiros, 18 de novembro de 2010. O BNG de Barreiros tilda de complicada e caótica a situación económica do Concello e culpa ao alcalde e ao concelleiro de Economía. Os nacionalistas aseguran que o 2009 se pechou cun déficit de 231.000 euros, a liquidación dese ano analizóuse no pleno celebrado este mediodía.
O portavoz dos nacionalistas, Antonio Veiga, contou que “vense de aprobar a liquidación de 2009 e vemos que mostra un déficit de 231.481 euros. Se temos en conta tamén que a liquidación de 2008 amosaba un déficit de máis de 500.000 euros, desde logo que a situación do Concello non é nada boiante, pero a pesares diso séguese gastando e dispoñendo alegremente dos cartos independentemente do pequeño axuste que se veu facendo e entendemos que o vindeiro ano aínda terán que seguir axustándose as contas”. Desde o BNG explican que “ao ser un resultado negativo o desta liquidación é obvio, así o marca a lei, que haberá que facer un plan económico-financieiro para o 2011. A ver qué prioridades vai ter en conta o Concello en dito plan, iso é algo que tampouco nos explicou no pleno de hoxe o alcalde”.
Veiga Outeiro dixo que “si botamos a vista atrás e vemos a redacción dos orzamentos do 2009, observamos o que advertiu o BNG no seu día e o que dixo a propia secretaria-interventora, que fixo un informe desfavorable no que xa recollía que a alcaldía non presentaba o informe económico-financieiro que demostrara de onde saían os ingresos para atender todos eses gastos que se prevían. A alcaldía e o concelleiro de Economía estaban avisados e creo que sabían o que estaban a facer, creo que son dúas persoas con total solvencia profesional e con profesións relacionadas coa economía e tiñan que sabelo, outra cousa é que se guiaran por intereses puramente electorais”.
O portavoz do BNG en Barreiros asegurou que “o Concello gastou no 2009 sen ton nin son 700.000 euros. Eses foron os recoñecementos extraxudicias de crédito que houbo que facer a principios de 2010 para recoñer facturas por ese importe que tiñan un reparo de intervención que dicía que non había partida suficiente para afrontar eses gastos que o Concello estaba a afrontar”.
O grupo municipal do BNG considera que “o alcalde e o concelleiro de Economía actuaron irresponsablemente e pouco a pouco van levando ao Concello de Barreiros a unha situación onde non se pode facer nin unha mínima inversión en servizos públicos e de interese para os veciños. Eso sí, segue aumentando a partida de persoal, neste 2010 o Concello ten presupostado 1.700.000 euros, preto do 60% do orzamento para persoal e é curioso que na memoria que redactou a propia alcaldía dos presupostos de 2009 o propio alcalde dicía que nese ano xa se disparaban os gastos de persoal porque acadaban o 53% do orzamento e que había que correxilo. Non foi así porque no seguinte ano o alcalde seguiu a contratar sen ton nin son, sen proceso selectivo ningún e cargando ás contas de todos os barreirenses 1.700.000 euros”.
Para Antonio Veiga “a liquidación presentada no pleno de hoxe deixa ben ás claras a total incapacidade tanto do alcalde como do concelleiro de Economía para xestionar as contas de Barreiros. E si temos en conta que tamén vimos a incapacidade en meses e anos pasados para xestionar o urbanismo desde logo que mal nos vai ir co PP no Concello de Barreiros”.



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



