Nota de prensa
O CONCELLO CONVOCA UN PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR AXUDAS DE TRANSPORTE PARA OS ALUMNOS DE ENSINANZAS NON OBRIGATORIAS E SUPERIORES QUE CURSAN ESTUDOS FORA DO MUNICIPIO
* O Goberno local pretende así que se beneficien destas subvencióons o maior número de mozos e moza
* Esta nova liña de axudas púxose en marcha o pasado agosto e conta cun orzamento inicial de 6.000 euros
Cervo, 30 de novembro de 2010.- A concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, ven de informar da convocatoria dun prazo extraordinario ata o vindeiro 4 de decembro para solicitar axudas de transporte escolar para alumnas/os do Concello de Cervo que cursen, fora do termo municipal e nalgún centro público estatal, algún dos estudios que non se imparten no Concello de Cervo:
* Educación secundaria postobrigatoria:
o Bacharelato (modalidade de artes)
o Formación profesional de grao medio
o Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
o Ensinanzas deportivas de grao medio
* Educación superior:
o Ensinanza universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao)
o Ensinanzas artlsticas superiores
o Formación profesional de grao superior
o Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
o Ensinanzas deportivas de grao superior
Quedan excluídas desta convocatoria de axudas, as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas).
REQUISITOS:
1. A unidade familiar deberá estar empadroada e ter residencia efectiva permanente no Concello de Cervo
2. Convivir, nesa unidade familiar, as/os alumnas/os para as/os que se solicita as axudas
3. Estar cursando ou ter fi lias/os cursando algún dos estudios indicados anteriormente nalgún centro educativo público estatal, no curso 2009-2010 e terse presentando alomenos ó 50% das materias correspondentes á matricula do citado curso
4. A renda per cápita familiar non superará o valor do 150% do IPREM para o ano 2009 (9.490,29 €/ano)
5. Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e/ou Estatal, así como da Seguridade Social
6. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Cervo.
DOCUMENTACIÓN
* Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade.
* Fotocopia do libro de familia.
* Certificación do Nivel de Renda en IRPF correspondente ó exercicio 2008 de tódolos membros computables da familia que obtiveran ingresos de calquera natureza.
* Certificación do centro educativo que acredite que ato alumna/o está matriculada/o e asiste ás clases no curso académico 2009-2010.
* Copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo de terse presentado alomenos ó 50% das materias correspondentes á matricula no curso 2009-2010.
* Nos casos de discapacidade ou dependencia dalgún dos membros da unidade familiar computables, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.
* As familias interesadas en ser beneficiarias das axudas deberán dirixirse a cubrir a correspondente solicitude no Rexistro Xeral da Casa do Concello en Cervo, acompañadas da documentación requirida.
A concelleira cervense lembrou que esta liña de axudas foi posta en marcha a principios de agosto “e agora o que pretendemos é dar un prazo extraordinario para que se poidan beneficiar o maior número de mozos e mozas” indicou. Pedreira lembrou tamén que o Concello destinará inicialmente para estas subvencións 6.000 euros procedente do orzamento municipal e confiou na boa acollida entre a comunidade escolar “porque se trata dunhas axudas que buscan completar o xa de por si amplo abano que temos en materia de subvencións de carácter educativo”. Incidiu en que Cervo destina anualmente máis de 61.000 euros en subvencións para a comunidade escolar e recalcou que o Concello é o municipio da Mariña que máis recursos económicos propios destina porcentualemente en axudas en materia educativa “e facémolo porque estamos convencidos de que a educación debe ser o motor principal do futuro do noso municipio” asegurou Yolanda Pedreira.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



