Nota de prensa
O 15 DE NOVEMBRO ÁBRESE O PRAZO NO CONCELLO DE RIBADEO PARA SOLICITAR OS 48 NOVOS NICHOS QUE SE CONSTRUIRÁN NO CEMITERIO MUNICIPAL. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE CON ESTA REMESA QUEDARÁ SATISFEITA PARTE DA DEMANDA EXISTENTE.
Ribadeo, 5 de novembro de 2010. O vindeiro 15 de novembro ábrese o prazo no Concello para solicitar os 48 novos nichos que se construirán no cemiterio municipal. O alcalde, Fernando Suárez, considera que con esta remesa quedará satisfeita parte da demanda existente en Ribadeo.
O rexedor dixo esta mañá que “unha das cuestións de importancia que tiñamos contemplada nas inversións para este ano 2010, de aí que sometéramos a aprobación do presuposto vinculado a unha cuestión de confianza, era, entre outras cousas, porque había intención e necesidade manifesta de facer unha nova remesa de nichos no cemiterio municipal de Ribadeo”.
Suárez Barcia explicou que “unha vez feito o proxecto e tendo a consignación económica necesaria xa procedemos a adxudicar estes días a construcción de 48 novos nichos e a partires de agora ábrese o prazo dun mes para presentar as solicitudes, que de acordo coa lei de patrimonio das administracións públicas calquera concesión ten que facerse vía convocatoria pública. Todas aquelas persoas que desexen participar nesta convocatoria deben ter en conta que o prazo quedará aberto ás 9 da mañá do vindeiro 15 de novembro. Despois os nichos serán sorteados”. O alcalde de Ribadeo manifestou que “onte xa saiu o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, pero nós tamén queremos dalo a coñecer porque sabemos que hai demanda e que incluso estes 48 nichos que imos facer non sexan suficientes para satisfacer toda a demanda existente. Resolverá, eso sí, unha parte importante desta problemática xa que moita xente aínda quere seguir enterrando aos seus seres queridos ou a eles mesmos cando falezan en nichos, a pesares de que cada vez é máis frecuente o da incineración o enterramento é algo que está moi vivo a día de hoxe”.
Fernando Suárez advirte que “no cemiterio xa non queda moito espazo para novas construccións, dado que houbo unha proposta de ordenanza que tentamos aprobar nun pleno hai uns meses, pero que foi lamentablemente desestimada polo resto de grupos da Corporación. Nela contemplábamos levar adiante unha serie de medidas para revocar moitas das concesións que non están en bó uso e que dalgunha maneira poderían servir para ser de novo concesionadas. Iso non puido ser e agora para saír do paso facemos unha nova remesa de nichos, pero pensando que cada vez queda menos sitio libre no cemiterio municipal. Quedaría espazo para unha posterior construcción doutros tantos nichos e con iso quedaría colmatado o cemiterio municipal de Ribadeo a espensas de facer unha reordenación en todas aquelas tumbas que non estean asistidas, coidadas ou que non se saiba nada dos seus posibles titulares”.
O prezo do nicho de tres ocos é de 1.345 euros.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



