Será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de seis meses. Os candidatos realizarán dúas probas de carácter teórico-práctico que serán eliminatorias. Valoraránse o coñecemento do idioma galego; a antigüidade no paro; as cargas familiares; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades dela dependentes ou homologados e as titulacións académicas de nivel superior distintas e independentes da requerida na convocatoria para o acceso, computándose únicamente o título de maior nivel dos alegados. Os interesados poderán presentar toda a documentación no rexistro xeral de entrada ata as 14 horas do vindeiro 19 de novembro e as probas de selección terán lugar o 23 de novembro ás 10 da mañá na Casa do Concello.
O Concello de Ribadeo contrata a un administrativo para apoio ás oficinas municipais
O Concello de Ribadeo contrata a un administrativo para apoio ás oficinas municipais
Relacionado
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo
-
Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego
-
O Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza unhas xornadas gratuítas de iniciación e diversión co volei