Nota de prensa
Mondoñedo, 19 de novembro de 2010
O GDR INICIA NA PRÓXIMA SEMANA UNHA ROLDA DE XUNTANZAS COS SECTORES AGRARIO E FORESTAL.
Nestas xuntanzas explicaranse as axudas destinadas a estes sectores dentro do Programa Leader 2007-2013 e trataranse as distintas problemáticas que lles afectan ou lles preocupan.
O luns da vindeira semana, día 22 de novembro, terá lugar a primeira das xuntanzas, que se realizará na parroquia de Sante, en Trabada ás 12 da mañá.
O GDR da comarca de A Mariña inicia na semana que vén unha rolda de contactos cos sectores agrario e forestal de cara a facilitarlles toda a información relativa ás axudas das que poden ser beneficiarios dentro do Programa Leader 2007-2013. Igualmente, os membros do GDR aproveitarán para coñecer de primeira man cal é a situación destes sectores e para poñer en común as problemáticas e preocupacións existentes no medio rural.
“O feito de ter estas xuntanzas vén determinado pola importancia estratéxica e o peso dos sectores agrario e forestal na nosa comarca”, explican desde o GDR. “Para o grupo é fundamental que estes sectores participen activamente no desenvolvemento rural e que este vaia ligado ao aumento de rendabilidade das explotacións agro-gandeiras e forestais”.
As axudas para estes sectores poden acadar o 45% de porcentaxe de subvención cunha limitación máxima de 250.000 euros.
CELEBRARANSE XUNTANZAS EN TODOS OS CONCELLOS CON EXPLOTACIÓN DESTES TIPOS.
O calendario de xuntanzas iníciase o luns, 22 de novembro ás 12 horas, na parroquia de Sante, en Trabada.
A seguinte xuntanza será o martes, 23, en Cubelas (Ribadeo) á mesma hora. E na xornada do mércores, tamén no mesmo horario, tocaralle o turno á parroquia de San Xusto, en Barreiros. As xuntanzas chegarán a Mondoñedo o venres pola mañá, ás 12 horas, coa celebración da mesma no centro comarcal (o antigo cuartel).
Na seguinte semana o GDR visitará os concellos de Alfoz, Ourol e Xove.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



