Nota de Prensa
O EQUIPO DE GOBERNO REDUCIU NESTE MANDATO EN 1.600.000 EUROS A DÉBEDA DO CONCELLO COS BANCOS, SEGUNDO VICENTE CASTRO. O CONCELLEIRO DE FACENDA DI QUE DUBIDAR DOS DATOS QUE SE DERON NO PLENO É DUBIDAR DA PROFESIONALIDADE DOS TÉCNICOS MUNICIPAIS.
Ribadeo, 17 de novembro de 2010. O equipo de goberno reduciu neste mandado en 1.600.000 euros a débeda do Concello cos bancos, segundo sinalou hoxe o concelleiro de Facenda, Vicente Castro. O edil nacionalista asegura que hai pendentes de recoñecer e de aprobar 129 facturas do ano 2006 das que 84 proceden de delegacións directamente relacionadas coa alcaldía que por aquel entón ocupaba Balbino Pérez Vacas.
Castro aludiu ás declaracións efectuadas nas últimas horas desde o PSOE e dixo que “o señor López non se entera ou non se quere enterar, confunde o resultado do exercizo 2009 coa débeda acumulada a 2009. O resultado do 2009 é positivo en 180.000 euros e dubidalo é dubidar dos técnicos do Concello e a débeda acumulada dos anos anteriores ata finais de 2009 é de pouco máis de 5,5 millóns de euros. O que non di o señor López, e que tamén figura na conta xeral, é que os dereitos recoñecidos pendentes a favor do Concello a finais de 2009 son de 6 millóns de euros e o resultado é ben sinxelo, trátase simplemente de facer unha resta, o que nos da un remanente positivo de 500.000 euros”.
O concelleiro de Facenda subliñou que “no que vai de lexislatura deste goberno non se acudiu a ningún préstamo, adicámonos exclusivamente a amortizar, polo que se reduciu a débeda con bancos en 1.600.000 euros polo tanto o resultado acumulado, como dixen no pleno do luns, desde finais de 2006 a finais de 2010, tomando como referencia esta data, vai arroxar un resultado de 400.000 euros de aforro por parte deste goberno”.
Vicente Castro engadiu que “tamén falaba o señor López das facturas pendentes de recoñecer e de aprobar que estaban, segundo él, nalgún caixón desastre, supoño que se refería á etapa na que eles gobernaban e na que a Delegación de Facenda tiña só nome, porque existir como control non existía de ningunha maneira. Estas facturas existen e están controladas permanentemente e a día de hoxe hai 129 pendentes de recoñecemento e de aprobación por un importe aproximado de 245.000 euros. E desas 129, hai 84 que pertencen ao ano 2006, xa sei que me vai dicir que nós estábamos no goberno bipartito, efectivamente, pero preto do 70% delas son facturas asinadas polo alcalde, de delegacións directamente relacionadas coa alcaldía que ostentaba o señor Pérez Vacas do PSOE”.
O edil do BNG manifesta que “estes datos están a disposición no Concello e o señor López ten acceso a eles e dubidar deles é dubidar da profesionalidade dos técnicos municipais”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.