O obxectivo final é que o un por cen dos furtivos non deixe sen futuro ao 99% dos mariñeiros e mariscadoras honestos e concienciados
O GRUPO POPULAR PEDIRÁ NO PARLAMENTO DE GALICIA QUE O ESTADO ACOMETA UNHA REFORMA DO CÓDIGO PENAL PARA CUALIFICAR O FURTIVISMO REINCIDENTE COMO DELITO
* O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro explicou que a experiencia práctica demostra que a inmensa maioría dos que practican o furtivismo de xeito recorrente, o fan amparados por subterfuxios e trucos legais que os levan a declararse insolventes ou a adoptar outro tipo de encubrimentos e, polo tanto, a evadir o efecto das sancións administrativas que poidan aplicárselles como consecuencia da súa acción furtiva”.
Santiago, 19 de novembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou no día de hoxe unha iniciativa parlamentaria destinada a reclamar do Goberno do Estado a reforma do Código Penal para que o furtivismo reincidente poida ser cualificado como delito.O parlamentario explicou que a experiencia práctica demostra que a inmensa maioría dos que practican o furtivismo de xeito recorrente, “o fan amparados por subterfuxios e trucos legais que os levan a declararse insolventes ou a adoptar outro tipo de encubrimentos e, polo tanto, a evadir o efecto das sancións administrativas que poidan aplicárselles como consecuencia da súa acción furtiva, fundamentalmente a non facer fronte ao pago das multas”. O devandito feito, da lugar a que cada vez sexan máis as voces desde o sector nas que se insista na busca doutro tipo de fórmulas para atallar esta problemática e evitar que a acción reincidente dos ilegais remate na práctica, en moitos casos, “en total impunidade”.
Balseiro Orol sinalou que o “furtivismo é unha ameaza polos seus efectos sobre o recurso e sobre os ciclos económicos derivados da súa explotación, e que esta lacra debe desaparecer”. Para lograr este obxectivo hai afondar en medidas que cobren maior eficacia, como é a proposta que hoxe presentan. “Coa a lei na man –explicou Balseiro Orol- existen mecanismos dabondo para das resposta aos que, por unha razón ou por outra, esquilman o futuro do mar de Galicia e atentan contra a calidade de vida dos profesionais do mar que traballan dunha forma honrada e civilizada, respectando as normas e colaborando por dar viabilidade á actividade”.
No Grupo Parlamentario Popular están convencidos que, ante a insuficiencia das medidas administrativas” son precisos cambios lexislativos co gallo de converter a reincidencia en algo máis ca unha falta, xa que quen practica a pesca ou o marisqueo furtivo está a roubar o futuro aos milleiros de profesionais honrados” O furtivismo ten traspasado ademais as súas propias barreiras “constituíndo un problema de seguridade, pois os ataques aos bens dos responsables de organizacións e confrarías son feitos inaceptables que lastran a propia capacidade de xestión e ordenación dos recursos, motivo polo cal nos urxe máis esta actuación decidida que hoxe vimos a propoñer.
OBXECTIVO PREFERENTE DA CONSELLERÍA DO MAR
Balseiro Orol tamén apuntou que un dos obxectivos preferentes da Consellería do Mar, tras o acceso ao Goberno de Galicia do Partido Popular, está a ser a loita contra o furtivismo. Nesa liña cómpre salientar as medidas dirixidas a recuperar a colaboración entre o Servizo de Gardacostas de Galicia e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como o reforzo dos medios materiais e humanos que participan nestas tarefas, ou a posta en marcha dos distintos plans especiais de loita contra a acción dos ilegais que esquilman a riqueza produtiva pesqueira e marisqueira de Galicia
O voceiro do Mar concluíu que a premisa fundamental é avanzar na idea que xa adiantou a titular de asuntos marítimos da Xunta, Rosa Quintanta, “adoptar todas as fórmulas que teñamos ao noso alcance para que o un por cen dos furtivos non deixe sen futuro ao 99% dos mariñeiros e mariscadoras honestos e concienciados
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



