Nota de prensa:
José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde deste concello, Jesús Novo, deron a coñecer a obra que executará o ente público autonómico Portos de Galicia
O VOCEIRO DO MAR DO GRUPO POPULAR SALIENTA O INVESTIMENTO DE MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS NA REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS NAUTICO-DEPORTIVAS NO PORTO DO VICEDO
• A obra prevista ten un prazo de execución de seis meses e inclúe o dragado da dársena portuaria e a dotación de 136 puntos de amarre.
• O 70% do investimento previsto financiarase con fondos procedentes da Unión Europea xestionados pola Consellería do Mar, o 30% das achegas restantes ata corren a cargo da Xunta de Galicia.
O Vicedo, 29 de novembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro Orol, acompañado do alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez, salientaron en rolda de prensa a súa grande satisfacción tras coñecer a previsión do ente público autonómico Portos de Galicia de achegar un investimento superior ao medio millón de euros destinado á remodelación das instalacións náutico-deportivas sitas neste concello da Mariña lucense.
O parlamentario mariñán xunto ao rexedor municipal sinalaron que o pasado venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a resolución pola que se procedía á licitación desta obra, que contará cun orzamento de 529.802,05 e que dispón dun prazo de execución de seis meses, a contar desde a data da adxudicación definitiva do contrato.
O 70% do financiamento desta actuación financiarase con fondos procedentes da Unión Europea xestionados pola Consellería do Mar, e o 30% restante correrá a cargo da Xunta de Galicia quen, unha vez máis, amosa a súa aposta decidida pola potenciación das infraestruturas náutico-recreativas, esenciais para a creación de riqueza nos concellos do litoral e para a consolidación desta actividade deportiva e básica para o impulso do turismo náutico.
José Manuel Balseiro explicou que a principal obra contemplada neste proxecto é a ampliación do número de prazas de amarre. Con carácter previo á execución don novos pantaláns será preciso realizar un dragado de 6.196 metros cúbicos de area para conseguir o calado suficiente para as embarcacións que terán acceso ás instalacións. Ademais para poder remodelar a dársena deportiva é preciso modificar a situación do módulo rachaondas, reubicándoo a 22 metros da bocana, segundo indicacións da Capitanía Marítima de Burela. Coa ampliación prevista dotarase ao porto de 136 puntos de amarre, todos eles, contarán con finger –pasarela de acceso- de dimensións axeitadas á praza.
PEIRAOS DE 12 X 2.50 M.
O módulo de peirao flotante de 12 x 2,5 m está fabricado con estrutura de aliaxe de aluminio. Terá unha superficie pisable e defensa perimetral de madeira tropical imputrescible de alta densidade. As aperturas laterais practicables a ambos os dous lados do peirao, son igualmente en aluminio para canalización de servizos auga/electricidade. A flotación conséguese con flotadores de poliester reforzado con fibra de vidro e recheos de poliestireno. Consta de 4 flotadores.
O módulo dique de 12 x 3 x 1.2 m está realizado en formigón prefabricado con alma de poliestireno expandido de 20 Tn de peso. O pavimento é de madeira de piñeiro escandinavo tratado con sales de cobre e con defensas realizadas en madeira, amortecedores de caucho e tortillería de aceiro inoxidable equipado cun perfil que facilite a ancoraxe de argolas de estacas e/ou fingers.
OUTRAS ACTUACIÓNS DA XUNTA
Esta non e a única actuación da Xunta de Galicia prevista nos orzamentos de 2011 para a súa execución no concello do Vicedo. As contas elaboradas polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo tamén inclúen unha achega específica para a adecuación dos espazos da Casa do Mar de tal xeito que poida situarse alí unha nova infraestrutura de benestar para a atención ás persoas maiores. De feito a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López, nunha recente visita a este concello, supervisou acompañada de técnicos da seu departamento o estado das instalacións e a potencionalidade favorable das mesmas para albergar unha infraestrutura destas características.
Outras das actuacións máis salientables é a reforma estrada Lu-862 (Viveiro-Vicedo-límite provincial) que recibirá 5,8 M€ e que permitirá corrixir o estado do pavimento desta vía, a mellora das súas interseccións e o repintado das liñas de sinalización da mesma. Tamén existen partidas orzamentarias específicas para diversos programas de planificación e ordenación forestal e de valoración, creación e diversificación de masas forestais.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



