Nota de prensa
Neste momento están en marcha todas as obras de reparación nos outros portos afectados na Mariña lucense como son os de Ribadeo, Rinlo, Foz, Burela, Morás, Celeiro e O Vicedo
BALSEIRO INTERÉSASE DIANTE DO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA POLAS TAREFAS DE REPARACIÓN DOS ESTRAGOS PROVOCADOS POLO TEMPORAL BECKY NO PORTO DE SAN CIPRIÁN
* O ente público dependente da Consellería do Mar achegará un total de 572.182 euros para diversas
* Mobilizarán 250.000 toneladas de escollera en pezas de roca de tamaño grande de máis de 10 toneladas cada unha
Santiago, 20 de novembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, reuniuse no día de hoxe co Presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana na que se interesou polas tarefas de reparación que este organismo ten previsto acometer para reparar os estragos provocados polo temporal Becky no Porto de San Ciprián, así como noutros espazos da Mariña lucense.
As instalacións portuarias de San Ciprián foron unha das que maiores danos sufriron tras o paso do temporal e tamén “nas que as tarefas para a reposición do espigón teñen unha maior complexidade técnica que obrigou aos operarios de Portos de Galicia a efectuar diversas cálculos e xeometrías para coñecer o número de pedras a achegar”. Preveuse a mobilización de 250.000 toneladas de pedra de gran tamaño cada unha das cales superará as 10 toneladas individualmente.
Portos de Galicia destinará 572.182 euros a diversas accións correctoras, obras novas e melloras nestas instalacións portuarias. As tarefas comezaron coa limpeza do peirao e a retirada e tratamento dos refugallos. Dentro deste investimento 28.320 euros irán destinados á reposición do pavimento deteriorado, 8.260 á reparación dos servizos de alumeado público e abastecemento, … etc, 424.800 –a partida máis importante- irá destinada á reposición da escolleira situda tras o dique, 6.136 á amañar o balizamento da Anxuela, 28.320 á reposición do departamento de armadores, 8.496 á reposición dos balados e carpintería metálica, 42.480 a amañar os desperfectos nos departamentos de usuarios, 17.700 á reconstrución dos muros de mampostería e outras obras nas casetas dos armadores e finalmente 7.670 irán destinados ao tratamento dos refugallos nun vertedoiro controlado.
Balseiro indicou tamén que se está a estudar paralelamente facer un recrecido do espaldón no porto de San Ciprián para outorgar máis seguridade preventiva fronte a futuros episodios metereolóxicos adversos. Finalmente indicou que neste momento están en marcha todas as obras de reparación nos outros portos afectados na Mariña lucense como son os de Ribadeo, Rinlo, Foz, Burela, Morás, Celeiro e O Vicedo.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



