Nota de prensa
O telecentro en novembro
Ribadeo, 2 de novembro de 2010. O Telecentro do Concello de Ribadeo levará a cabo cinco obradoiros durante o mes de novembro. Neste tempo continuará o obradoiro de Iniciación á informática posto en marcha dende o pasado 17 de setembro cos membros da Asociación A Mariña de Ribadeo e que terá lugar todos os venres do mes, do 5 ao 26 de novembro, en horario de 11:30 a 12:30 da mañá. Asemade, dende o 27 de outubro e ata o 3 de novembro, seguirá o obradoiro de Busca de emprego a través de internet cos participantes dun módulo de albanelería.
E desde o 8 ao 30 de novembro terán lugar tres obradoiros dirixidos á poboación en xeral, que serán: Procesador de textos Writer do 8 ao 18 de novembro en horario de 11:00 a 12:00 e Iniciación á informática do 22 ao 30 de novembro en dous grupos, de 11 a 12 pola mañá e de 19 a 20 horas pola tarde.
Para solicitar máis información sobre as estas actividades os interesados poden dirixirse ao Telecentro de Ribadeo –Casa da Xuventude-, sito na Rúa Antonio Otero, nº 15, chamar ao teléfono 982.120.732, ou enviar un correo electrónico ao enderezo telecentroribadeo@gmail.com
O rexedor subliñou que “en relación coa poboación que ten Ribadeo e dos usuarios o noso Telecentro é o que máis usuarios ten de toda Galicia e isto convídanos a continuar con todas estas actuacións que vimos realizando desde hai anos para ir rompendo esta fenda dixital que en moita xente aínda se da, sobre todo naquela que non puido ter acceso no seu proceso educativo ás novas tecnoloxías da información e da comunicación. Todos están a dar un exemplo auténtico de cómo se están a involucrar e de cómo están a aprender día a día a manexar as ferramentas das novas tecnoloxías deste magnífico telecentro municipal”.






















Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



