NOTA DE PRENSA
O OBRADOIRO ‘ÓSCAR JOYEROS’, DOS ARTESÁNS LUCENSES ÓSCAR RODRÍGUEZ E CRISTINA RODRÍGUEZ RECIBE O SEGUNDO PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA
Os dous creadores viveirenses -pai e filla-, que estiveron acompañados pola delegada territorial, Raquel Arias, foron recoñecidos pola colección ‘Tesouros do mar’, promovida pola Dirección Xeral de Comercio, a través da Fundación Centro Galego de Artesanía
Raquel Arias felicitou aos galardoados, que segundo indicou “amosan coa súa traxectoria e coas súas creacións que a artesanía e o deseño poden ter un frutífero recorrido empresarial”
Madrid, 23 de novembro de 2010.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañou hoxe aos xoieiros lucenses Óscar Rodríguez e Cristina Rodríguez na entrega dos V Premios Nacionales de Artesanía, un certame no que os dous artesáns –pai e filla- afincados en Viveiro obtiveron o segundo premio na categoría Producto.
Arias felicitou a Óscar e a Cristina Rodríguez polo éxito acadado no certame nacional e subliñou “a importancia deste premio, que celebra o talento dos artesáns viveirenses e acredita a boa liña de traballo que seguen a Dirección Xeral de Comercio, que promove esta exposición a través da Fundación Centro Galego de Artesanía”.
A representante do Executivo galego na provincia destacou que o éxito acadado supón “un recoñecemento ao talento destes dous artesáns, que serven de espello para moitos outros deseñadores. Eles amosan coa súa traxectoria e coas súas creación que a artesanía e o deseño poden ter un frutífero recorrido empresarial”.
Así mesmo, Arias agregou que “este galardón serve tamén para prestixiar á creatividade que encerra en xeral este sector da artesanía en Galicia”. De feito, tres das cinco obras escollidas polo xurado dos V Premios Nacionales de Artesanía na categoría Produto foron de artesáns galegos que foron propostos pola Fundación Centro da Artesanía e do Deseño. Os outros dous creadores galegos elixidos foron Viviana Araújo, de Pontevedra; e Rosa Méndez, de Teo, todos eles, ao igual que os creadores viveirenses, en posesión da carta de artesán outorgada pola Dirección Xeral de Comercio e donos de obradoiros artesáns inscritos dentro do Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.
O artesán Óscar Rodríguez é un dos xoieiros máis recoñecidos tanto en España como en diferentes países europeos. Está especializado na elaboración de xoias con deseños exclusivos e de alta calidade. O selo especial de Óscar Rodríguez é a capacidade de innovación e de facer propostas frescas e sorprendentes con cada nova colección. En concreto, “Tesouros do Mar”, toma como base as cunchas mariñas para preparar unha serie de xoias exclusivas combinadas con ouro e outros metais e con pedras preciosas. Esta colección foi realizada en colaboración coa súa filla Cristina Rodríguez (Viveiro, 1984), titulada en Deseño de Xoiería, ademais de diplomada en Empresariais e Dirección, Márketing e Relacións Públicas, e que conta xa cunha incipiente carreira no ámbito da creación de xoias.
A delegada territorial estivo presente no acto de entrega de premios, ao igual que a directora xeral de Comercio, María Nava Castro, e a directora da Fundación Centro Galego de Artesanía, Elena Fabeiro. Precisamente Nava Castro significou que “en Galicia sempre tivemos artesáns de moito talento –afirmou-. O papel da Xunta consiste en apoiar ese talento, e así o está a facer a través da Consellería de Economía e Industria e, en concreto, da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que impulsa diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego”. Premio Nacionale de Artesanía coa colección ‘Tesouros do mar’


















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



