- A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Barreiros, de 19 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto
Os feitos tiveron lugar nun establecemento comercial situado en Viladaíde. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.
- O Ribadeo FC celebra a súa 2ª "Fiesta ochentera"
Será este venres, 2 de maio, ás 23 horas na Disocteca Rosalar coa actuación do grupo Sintético Fantástico.
- A vindeira próxima comeza a terceira edición do curso sobre Psicoloxía de grupos e organizacións na UNED de Lugo
Na súa terceira edición, esta actividade proponnos o estudo do funcionamento dos grupos e organizacións desde o punto de vista da psicoloxía social, organizacional e mesmo deportiva. Trataranse diversos temas como a obediencia á autoridade, a conformidade social, a xestión de recursos humanos dentro dun grupo/organización, os distintos tipos de liderado, etc. Estará impartido por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo especialista en rendemento deportivo. Realizarase online ou presencial, do 5 ao 14 de maio, de 17:00 a 19:00 horas. Máis información e matrícula: extension.uned.es/actividad/44577&codigo=PDLGY
- A Garda Civil imputa en calidade de investigada en Ribadeo a unha veciña de Castropol, de 63 anos de idade, como suposta autora dun delito de furto
Os feitos tiveron lugar nun establecemento comercial situado en Vilar (Ribadeo), cando a persoa investigada foi sorprendida ao abandonar o lugar sen abonar varios produtos que levaba ocultos entre as súas pertenzas. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial
- Adiada polo apagón a asemblea xeral da FCAM prevista para este luns en Foz
Informarase da nova data de celebración.
- Ribadeo acolleu este domingo a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123
Os participantes foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz. Fixeron dúas visitas guiadas: unha ao Forte de San Damián e outra á granja Pedro Murias. O xantar tivo lugar no Parador de Turismo e os coches estiveron aparcados no Parque de San Francisco. O rexedor subliñou que "estamos diante doutra fin de semana chea de actividades en Ribadeo. Deporte, coches antigos e música para animar o sábado e o domingo na nosa vila".
- Alfonso Villares en San Cibrao
O conselleiro do Mar asistiu este sábado á cena-gala da entidade Saúde Mental ‘A Mariña’.