- As crianzas do programa Cervo Concilia seguen desfrutando ao máximo das súas mañás de verán
Este xoves gozaron dunha xornada chea de diversión, con xogos grupais nos que aprenderon a colaborar e compartir, e actividades de manualidades onde deron renda solta á súa imaxinación. Un espazo para medrar, xogar e facer novas amizades.
- Festas de Lago, Xove, 2025 na honra á Virxe do Carme e San Antón
Están organizadas pola Asociación de Festexos A Granda. Arrrancarán este venres, 18 de xullo ás 20 horas, cunha gran churrascada seguida de verbena con Oca Band e Conxuro Disco Móbil.
- A Piscina Municipal Olímpica do Concello de Cervo acolle estes días o I Campus de Verán de Natación Artística
Está organizado en colaboración coa Federación Galega de Natación (FEGAN). Unha semana para aprender, mellorar e gozar deste deporte tan espectacular. Este sábado, de 10:00 a 12:00, celébrarase a exhibición final na piscina municipal, aberta ao público para ver o traballo realizado durante o campus.
- Marta Barreiro en Foz
A secretaria xeral Técnica, participou este mércores na Misa Solemne na honra da Virxe do Carme na Praza Conde de Fontao.
- A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Concello
Na presentación do cartaz estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín. Ás 12 do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores. A xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
- A Deputación acompaña a Foz na súa homenaxe á tradición mariñeira nas Festas do Carme 2025
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este mércores na Praza Conde de Fontao de Foz á misa cantada polo coro Mar Aberto na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A cerimonia celebrouse no marco da programación das Festas do Carme que organiza este municipio mariñán do 11 ao 17 de xullo. A este acto, que continuou coa tradicional ofrenda floral e a procesión, tamén asistiu o Alcalde de Foz e Deputado Provincial, Francisco Cajoto, membros da corporación municipal e numerosos veciños e veciñas e visitantes.
- Esta fin de semana haberá dous concertos na Horta de Galiana de Mondoñedo
Por unha banda, o artista uruguaio Daniel Drexler fai parada en Mondoñedo dentro da súa xira europea. Este venres desde as 21:30h. É a primeira vez que a Horta de Galiana recibe a un artista internacional. E xa o sábado, o mindoniense Jorge Santamarina fará as delicias dos asistentes cunha noite de tangos desde as 22h.