Inaugurouse a exposición de fotos participantes no concurso “Con A Sombriza na praia” e a entrega de diplomas aos participantes. Foi o sábado ás 19:00 h na Sala de Exposicións do Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo. Gañador categoría xuvenil: Manuel Paz Lestegás (Cervo). Gañador categoría adultos: Manuel Yáñez Dablanca (Ribadeo). Na imaxe os gañadores con Geni Piñeiro, presidente A Sombriza e Chelo Gallego, concelleira de Cultura en Cervo. Tamén, na praza do Souto, en Cervo, unha actividade de coches radio control dentro das actividades e Nadal coa colaboración da Deputación.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



