Nota de prensa
ACTIVIDADES CULTURAIS MÁIS TALENTO-MENOS CEMENTO
Informámolles que o grupo Máis talento, menos cemento continúa a súa andaina de actividades culturais e de mobilización en contra do actual modelo de crecemento urbanístico do concello de Barreiros.
Durante a primeira semana de decembro enviouselles a todos os veciños de Barreiros unha carta cos principios e obxectivos deste grupo (en arquivo adxunto), e informóuselles da nova actividade que terá lugar o 6 de decembro ás 6 da tarde nos colexios novos de San Miguel de Reinante:
Proxección do documental “Imaxina Barreiros”, realizado por Laly López e Comba Campoy.
O documental tende unha ponte entre o pasado e o presente de Barreiros, contrastando as voces narrativas dos nosos pais e avós coas dos mozos de agora. Tralo documental queremos que a xente maior tome a palabra para lembrarnos como vivían, traballaban, amaban, se relacionaban e se divertían hai 50 anos. O obxectivo é promover a reflexión sobre en que mellorou e en que empeorou a nosa vida dende entón mediante o contraste crítico entre o pasado e o presente.
Despois, quen o desexe poderá mercar o DVD co documental para ter de recordo, e repartirase tamén un caderniño cos textos lidos no Roteiro da I Festa de exaltación do cemento, onde veciños de Barreiros homenaxearon con fermosas palabras lugares emblemáticos da historia de Barreiros, algúns dos cales se perderon para sempre, como un hórreo centenario derrubado polo concello, e outros están moi deteriorados, como as Escolas feitas polos emigrantes na Habana a principios do século XX.
Na nosa páxina de facebook está anunciado este acontecemento, do que lles envío tamén documentación adxunta:
http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=181348985208908
Alén disto, durante o Nadal, temos previsto facer unhas xornadas sobre territorio, paisaxe e alternativas económicas para o rural, ás que convidaremos a diferentes especialistas e das que informaremos detalladamente á prensa.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



