Nota de prensa
A pasarela de pagos por Internet da Deputación comezará a funcionar a principios de xaneiro grazas ó Innova-TE
– A Xunta de Goberno aprobou o convenio de adhesión que permite a entrada en funcionamento deste servizo que se iniciará o día 3, coincidindo coa primeira publicicación do BOP só en formato electrónico
– A pasarela de pagos, que se irá ampliando a outras taxas públicas, aforrará cartos e tempo ós cidadáns e ás empresas xa que non terán desprazarse á Deputación para efectuar o pago dos seus tributos
– Antonio Gato puntualiza que “comparen o que está a facer a Xunta e a Deputación. Veñen de remitir ós Concellos unha enquisa para saber como estamos en administración electrónica. Isto é xogar ó despiste porque nós xa o fixemos hai máis de ano e medio”
– A Deputación apoia o desenvolvemento do I Máster de Exeñería Industrial que se imparte na Facultade de Ciencias de Lugo
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres o convenio de adhesión a Red.es, a entidade empresarial dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, que lle permitirá ó organismo provincial poñer en marcha a pasarela de pagos por Internet a principios de xaneiro dentro do Innova-TE; o programa dotado con 9 millóns de euros e cofinanciado nun 70% por fondos FEDER e que garante en menos dun ano a implantación da administración electrónica.
O novo sistema comezará a funcionar o día 3 xaneiro, coincidindo co primeiro día no que non so se editará o Boletín Oficial da Provincia en formato electrónico. “Continuamos avanzando na implantación da eadministración, que remateremos en 2011 destinando 1,3 millóns de euros. É dicir, ese día será o primeiro no que o pago das taxas dos anuncios se farán a través da Rede. Como paso previo, no Pleno de novembro aprobamos a ordenanza que regula e dá validez legal a este sistema de pagamento”.
Os cidadáns só terán que dispoñer dun ordenador, conexión a Internet e estar en posesión do DNI electrónico. Os pasos a seguir para realizar este proceso son os seguintes: entrar no apartado Inserción de anuncios no BOP con pago telemático, onde aparecerá un icono específico para esta función. Pinchando neste apartado, o cidadán poderá escoller o modo de pago. A continuación, terá que cubrir os datos e dar a conformidade. Concluído o proceso, o usuario estará en condicións de poder descargar o xustificante de pago.
Malia que os prezos do BOP serán os primeiros que se poderán pagar co novo sistema, a pasarela de pagos irase ampliando a outras taxas públicas. Facilitará o pago ós 62 Concellos que teñen delegado a recadación de tributos na Deputación e outros prezos públicos como as taxas por dirección de obras ou pola utilización dos bens de dominio público provincial.
Beneficios da pasarela
Co pago telemático non só se mellorará o servizo ofrecido ata o de agora ós cidadáns e ás empresas, senón que se lles aforra cartos e tempo os contribuintes, xa que non terán que desprazarse á Deputación para efectuar o pago dos seus tributos. Será un servizo moito máis áxil, cómodo, profesional e moderno, “polo que comparen o que está a facer a Xunta de Galicia e a Deputación. Veñen de remitir ós Concellos unha enquisa para saber como estamos en administración electrónica. Isto é xogar ó despiste porque a Deputación xa fixo isto hai máis de ano e medio. Mentres o noso programa é unha realidade, eles aínda están cos cuestionarios. Isto é o que nos propón o peor goberno que tivo Galicia”.
Máis avances para a administración electrónica
Asimesmo, a Deputación tamén aprobou a adhesión ó convenio da Junta de Andalucía, a través do cal esta administración lle cederá á institución provincial o sistema de notificación oficial (software notifi@) e a plataforma de sinatura electrónica (@firma). O primeiro permite que ós cidadáns que así o elixan recibir notificacións oficiais dos pagos realizados, obtendo os comprobables de entrega polo emisor e a recepción polo destinatario. Asimesmo, a Deputación formará parte da Rede Sara creada polo Ministerio da Presidencia para as Comunidades Autónomas. Este sistema, ademais de permitir a verificación dos datos do DNI electrónico, ten un funcionamento moi semellante ó do Rexistro a Deputación.
Transferencia de estradas á Xunta
Aprobouse a contratación da subministración dunha aplicación informática para mellorar a xestión de conservación de estradas a través dun inventario gráfico e visual. Este sistema, que ten un investimento de 59.000 euros e que funciona de xeito moi semellante a un SIX (Sistema de Información Xeográfica), permitirá mellorar a xestión das vías de titularidade provincial, xa que en todo momento permite coñecer o estado do firme ou sinalización.
A Deputación en 2011 continuará mellorando a calidade das vías. Coa Conservación repavimentaranse 173 quilómetros que benefician ós veciños de 36 Concellos. Neste senso, Antonio Gato subliñou que a Deputación realiza un esforzo inversor moi importante, xa que ten a rede viaria máis extensa de España, 4.000 quilómetros fronte ós 1.453 quilómetros que xestiona a Xunta de Galicia na provincia.
O Deputado provincial lembrou que o goberno autonómico vén de chegar a un acordo coa Deputación de Pontevedra para a transferencia de 300 quilómetros. “Seguimos insistindo na importancia de chegar a un acordo político. Agardamos que a Xunta teña a mesma vara de medir coa Deputación de Lugo porque senón estaríase confirmando outra discriminación a esta provinca e que os mandatarios de Lugo non teñen ningún peso en Santiago”.
Apoio ó Máster de Enxeñería e outros acordos da Xunta de Goberno
Fóra da Orde do Día tamén se apobou a proposta do equipo de goberno para manifestar o apoio da Deputación ó desenvolvemento do I Máster de Exeñería Industrial que se imparte na Facultade de Ciencias de Lugo. “Consideramos que estes estudos contribúen á darlle prestixio ó noso Campus, farémoslle chegar ós 30 alumnos matriculados este acordo, así como á Facultade na que se imparte”.
A Xunta de Goberno deu o visto e prace a 4 novas obras do canon hidroeléctrico. Destas, 3 pertencen ó Concello da Fonsagrada e 1 ó Concello de Portomarín e suman un total de 381.726. Tamén se aprobaron sendos convenios cos Concellos de Viveiro e Becerreá para a cuberta do campo do Clube Deportivo Novas Raíces de Galdo e para a adquisición dun camión para a prestación de servizos públicos de competencia municipal, respectivamente.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



