Nota de prensa:
Basanta acusa ao PP de votar contra Foz.
O PP volve opoñerse a que Foz conte cunha residencia e un centro de día.
O Bloque Nacionalista Galego denunciou que na Comisión de Traballo e Benestar do Parlamento de Galiza celebrada na maña de hoxe o Partido Popular votou en contra dunha proposición non de lei do Bloque Nacionalista Galego onde os nacionalistas solicitaban que a Xunta de Galiza licitase este ano as obras da dun Centro de Dia e dunha residencia da Terceira idade para o Concello de Foz cun horizonte de remate do 2013. Segundo Xan Carlos Basanta “ o PP volveu a votar contra Foz, negándolle un servicio básico como é a residencia e o centro de día e posicionandose contra unha proposta que coincide na súa literalidade coa aprobada polo Pleno da Corporación de Foz en data 27/03/2008 os tres grupos políticos da Corporación Municipal de Foz”.
Basanta recriminoulle a Balseiro “ o trato discriminatorio que os populares manteñen en relación con Foz é a falta de respecto que este grupo mantén co noso pobo. Non é xustificábel que os populares defendan que é necesario un estudo previo para determinar se é viábel unha dotación deste tipo en Foz e pola contra en Cervo, con moita menos poboación, a Conselleira de Traballo e Benestar proceda a construcción dunha infraestructura similar sen que mediase ningún tipo de estudo viabilidade”. “Que diferencia existe entre Foz e Cervo”preguntouse Basanta quen lle solicitou a Balseiro aclaración de “por que en Cervo se fixan uns requisitos e un procedemento distinto para construír unha residencia que no Concello de Foz, ou é que son distintos os veciños de Foz que os de Cervo ou o que pasa é que el só está no Parlamento para defender os intereses de Cervo a pesar de tamén ser elixido con votos dos veciños de Foz”.
Os nacionalistas criticaron a actitude do PP de Foz que “ou non se fan valer no seu partido ou é que o seu partido non os toma en serio até o punto de que non só non calan diante desta afronta da Xunta a Foz senón é o que aínda é máis grave que xustifican e dan por boa esta decisión. Non sabemos a que anda ao PP de Foz, pero facendo bo aquel dito de que “polos seus feitos coñecerédelos”, está claro que a defender os intereses dos veciños de Foz seguro que non. O mínimo que se lle pode pedir a calquera representante municipal ou alguén que aspira a representar aos seus veciños nunha corporación local é defender os intereses destes, e o que está claro despois do que acontece coa residencia é que para o PP local os seus veciños nada importan a non ser para roubarlles o voto”.
Xoán Carlos Basanta afirmou que con “esta votación no Parlamento non remata a demanda de Foz sobre este equipamento, senón que simplemente toma outro camiño, pero debe saber o PP que a pesar da súa oposición que Foz conte coa Residencia, Foz vai contar coa mesma. É unha desvergonza que se lle negue isto a Foz, xa non só polas máis de 2300 persoas maiores de 65 anos que están censadas no Concello senón porque a instalación dun equipamento como o que reivindica Foz e anterior Xunta de Galiza ía construír significaba a creación de máis de 80 empregos. Non está o PP polo tanto só a converter aos nosos maiores en cidadáns de segunda senón que está impedindo que moitas persoas de Foz poidan contar cun traballo digno”. Na mesma liña Basanta lembrou que “o PP de Foz afirmaba que un dos seus obxectivos era a loita polo emprego pero a vista está que isto non era máis que mera propaganda ou discurso para consumo externo, porque senón como explicar que estean opoñéndose a crear 80 empregos”.

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



