Nota de prensa
O BNG CONSIDERA QUE CALQUERA ACORDO QUE NON CONTEMPLE READMISIÓNS EN SARGADELOS E UNHA TRAIZÓN ÁS PERSOAS DESPEDIDAS
Un millón de euros ten que dar para negociar solucións para as oito persoas despedidas do contrario estarase dando por boa a persecución exercida pola empresa contra estas persoas
Cervo, 2 de novembro de 2010. O BNG asegurou hoxe que o acordo entre a Xunta de Galiza e a Cerámica de Sargadelos mediante o cal a primeira aportará un millón de euros en dúas anualidades a cambio da suspensión da execución do ERE aprobado pola Delegación Provincial de Traballo de Lugo non contempla solucións para as oito persoas despedidas pola empresa das que cinco estarian en situación de prexubilación e tres non, para os nacionalistas non e de recibo que dende a Xunta se vaia aportar un millón de euros sen que sen inclúan solucións para o conxunto das persoas afectadas polo ERE, xa sexa mediante prexubilacións ou readmisións, o acordo ate agora descoñecido, semella dar por boa a persecución exercida pola empresa contra estas oito persoas sen que a Xunta e o goberno municipal de Cervo que presume de mediador, fagan nada por impedilo.
OS NACIONALISTAS INSTAN A NON PECHAR NINGÚN ACORDO QUE NON CONTEMPLE SOLUCIÓNS PARA O CONXUNTO DO CADRO DE PERSOAL AFECTADO POLO ERE SEN EXCLUSIÓNS
Os nacionalistas cervenses “poñen en cuestión” un acordo entre a empresa e a Xunta, “aínda por coñecer”, en función do cal quedaría en suspensión o ERE de extinción de contratos que pretendía o despedimento de 26 persoas en Sargadelos “por non se contemplen solucións para o conxunto do cadro de persoal afectado.” Para os nacionalistas a suspensión debe incluír a todo o persoal afectado, “incluídas as oito persoas que xa foron despedidas”, “doutro xeito estarase dando por boa a persecución exercida pola empresa contra estas persoas que foron despedidas sen aprobarse definitivamente o ERE pola Dirección Xeral de Relacións Laborais” que aínda non se pronunciou sobre o recurso presentado pola CIG.
CUN MILLÓN RIBA DA MESA NON SE PODE EXCLUÍR A NINGUÉN
Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, “aquí non serve botar balóns fora como fan o alcalde ou Balseiro, das oito persoas xa despedidas, hai cinco en situación de prexubilación e tres con moita vida laboral por diante e cun millón de euros riba da mesa non pode haber exclusións”. Estúa advirte que existen fórmulas paras acollerse á prexubilación de cinco das oito persoas despedidas e as outras tres deberían reintegrarse aos seus postos de traballo, cuns custes mínimos para a empresa. Tanto a Xunta como Balseiro e Villares, que non ocultaron a súa mediación, “teñen que explicar os motivos da exclusión destas persoas”.
O BNG PEDIRÁ UNHA COPIA DO ACORDO SI E QUE XA ESTÁ REDACTADO E PREGUNTARÁ POLOS SEUS EFECTOS NO FUTURO
O BNG cursará unha petición da copia do acordo, si e que xa está redactado, e no caso contrario o preacordo xa que nin o Concello de Cervo nin os sindicatos maioritarios do comité de empresa recoñecen a súa existencia. Para Estúa “resulta incomprensíbel que xa se estea asinando un novo ERE de redución de xornada se non existe acordo e moito mais que este non se condicione á oferta de solucións para as persoas xa despedidas”. Os nacionalistas ademais preguntarán múltiples recursos de casación presentados, tanto pola parte sindical como pola empresa contra os EREs de Sargadelos e O Castro, ; lembran que a Dirección Xeral de Relación Laborais aínda non se pronunciou sobre ambos casos e queren saber si o vai facer.
Por último, segundo o coñecido polos medios de comunicación, no ano 2012 deberase volver a negociar a situación da empresa e “de non existir uns condicionantes firmes que axuden a manter a viabilidade da empresa e o mantemento dos postos de traballo, “poderemos volver a atoparnos cunha situación similar á actual”, concluíu o portavoz nacionalista.




















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



