Nota de prensa
A PROPOSICIÓN NON DE LEI DO PP A DEBATE HOXE NO PARLAMENTO SO E DEMAGOXIA E NON OFRECE SOLUCIÓNS AS PERSOAS DESPEDIDAS NA CERÁMICA DE SARGADELOS
Os nacionalistas acusaron a Balseiro de presentar unha proposta para a galería que non serve para solucionar o problema das persoas despedidas en Sargadelos
A Orde de axudas á que alude o PP está destinada a ser solicitada por afectados en procesos de reestruturación empresarial e non polo goberno galego que xa ten ferramentas para actuar.
Cervo, 17 de decembro de 2010. O BNG acusou hoxe ao Tte. de Alcalde e Parlamentar do PP, José Manuel Balseiro, de mentir ás oito persoas despedidas en Cerámicas de Sargadelos e facelo elevando as súas mentiras demagóxicas á propia Cámara Galega na que presentou unha Proposición Non de Lei que non ten ningún efecto sobre elas. Os nacionalistas puxeron en cuestión a un goberno galego que e incapaz, poñendo un millón de euros, de esixir solucións para oito persoas, das que cinco poderían recorrer á xubilación anticipada. Dos 26 despedimentos previstos no ERE de extinción de Sargadelos, so se salvan 18 e temos un Conselleiro de Industria, un alcalde e un parlamentar do PP que se dedican a dicir e desdicir constantemente sen aportar garantías a medio prazo sobre a viabilidade e mantemento dos postos de traballo en Sargadelos.
Un millón de euros de fondos públicos para salvar as contraditorias resolucións das Delegacións de Traballo da Coruña e Lugo e a campaña electoral do PP en Cervo.
O BNG de Cervo por medio do seu portavoz municipal, Xoán Estúa, insistiu hoxe en que a solución posta pola Xunta en Cerámicas de Sargadelos e “parcial, excluínte e non garante o seu futuro nin os postos de traballo mais alá dun ano”. Os nacionalistas lembran que a Consellaría de Economía e Industria anunciou a inxección dun millón de euros en dúas anualidades á empresa a cambio da suspensión do ERE de extinción de contratos na empresa con sede en Cervo “aprobado pola Delegación Provincial de Traballo de Lugo, mais denegado pola mesma Delegación Provincial na Coruña”; “no medio oito persoas despedidas en Cervo e a Dirección Xeral de Relacións Laborais sen resolver os recursos de alzada presentados pola parte empresarial contra a resolución da Coruña e pola parte sindical contra a resolución de Lugo.”
Xoán Antón Estúa non dubidou en falar de “chapuza collida con pinzas e con claros tinxes electoralistas, que ademais deixa fora do acordo a oito das 26 persoas que a empresa quería despedir en función dun ERE de extinción contraditorio e non resolto definitivamente, para o nacionalista, “non está claro que a situación vivida na empresa nos últimos meses non se volva repetir a medio prazo”. Estúa quixo deixar claro que o BNG non está en contra do apoio da administración pública a empresas para garantir a súa viabilidade e os postos de traballo, “mais aclarou si se pon un millón das arcas públicas debe ser sen exclusións e garantindo o futuro da empresa e o seu cadro de persoal cando menos a medio prazo.” O nacionalista retrucou a Balseiro aclarando que non son 100 as persoas salvadas do despedimento pola suspensión do ERE de extinción, senón 18 das 26 previstas e quedan oito ás que o PP da a espalda, das que cinco poderían xubilarse anticipadamente, maior incompetencia imposíbel, remachou.
A Iniciativa parlamentar do PP non serve para as oito persoas despedidas se non son readmitidas previamente.
Os nacionalistas aclararon que quen ten que solicitar a axuda regulamentada na “Orde de 5 de abril de 1995” á que alude o PP “non e o Parlamento nin a Xunta, debe ser o Comité de Empresa e contar coa adhesión dos traballadores e traballadoras afectados”, “non consta que esta petición se fixera e si se fixo tampouco afectará ao persoal xa despedido e desvinculado da empresa e da súa representación sindical.” Estúa afondou neste sentido dicindo que “a iniciativa do PP e asinada por Balseiro so e demagoxia de difícil encaixe no caso de Sargadelos e dende logo sen ningún efecto nas oito persoas despedidas se non son readmitidas previamente.” O
Estúa puxo en valor a iniciativa presentada polo BNG no Parlamento Galego, aínda por debater, “si Balseiro non quere deixar na estacada a estas oito persoas que a apoie pedindo á Consellaría que pon o diñeiro que force a readmisión destas persoas e se deixe de facer demagoxia e criar falsas expectativas onde non as hai”, rematou.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



