Nota de prensa
Durante os catro anos de Goberno bipartito non se creou ningunha piscifactoría na Mariña lucense e todas e cantas se fixeron foron durante o mandato do PP
BALSEIRO ASEGURA QUE O ACTUAL GOBERNO DE GALICIA NON PUXO NINGÚN IMPEDIMENTO PARA DESENVOLVER O PROXECTO ACUÍCOLA DE PESCANOVA EN RIBADEO
* Nos pasados anos de bonanza o PSOE mantivo paralizado o Plan Galego de Acuicultura por intereses políticos e agora, en plena crise, para lavar a súa imaxe, reclaman ás empresas que desenvolvan os proxectos pendentes que o bipartito frenou.
* Unha oportunidade perdida: Empresas da Mariña están a xerar emprego e aplicar os seus coñecementos nas piscifactorías de Portugal onde fuxiron os investimentos desta compañía obrigados pola parálise decidida pola Xunta bipartita.
Ribadeo, 18 de decembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balsiero Orol, aclarou que non existe ningún impedimento por parte do actual Goberno da Xunta de Galicia para que a granxa de Pescanova na zona de Penedo do Corvo, en Ribadeo, poida levarse adiante e que só a actual situación económica impide a moitas empresas desenvolver os seus proxectos pendentes. “Cando podían investir non se lles deixou por parte da Xunta biparitita, que puxo impedimentos legais e técnicos, e agora que a crise limita a capacidade de acción das empresas veñen reclamando o que eles paralizaron”- concluíu Balseiro.
LAVADO DE IMAXE
O deputado popular acusou á voceira socialista do Mar de faltar á verdade deliberadamente cando atribúe ao actual Goberno algún tipo de obstáculo e sinalou que, o que agora pretenden os socialistas é lavar a súa imaxe “porque o único dato certo é que quen freou realmente estos investimentos foi o bipartito, paralizando durante anos o plan de acuicultura por intereses políticos. Foi o PSOE quen frenou a creación de empregos durante catro anos”.
CATRO ANOS DO BIPARTITO, NINGUNHA PISCIFACTORIA
O deputado popular ofreceu un dato significativo para apoiar as súas teses: durante os catro anos nos que PSOE e BNG tiveron a responsabilidade de Goberno da Xunta non se levou adiante ningún proxecto acuícola na Mariña e todas e cantas piscifactorias se fixeron proceden do impulso que os Gobernos que o PPdeG lle deron á acuicultura.
Pola conta, cando o PP accedeu á responsabilidade de Goberno da Xunta, desbloqueo a situación e publicou o mapa dos novos emprazamentos onde se atopa o de Penedo do Corvo, en Ribadeo.
O voceiro popular explicou que a Xunta actual o único que fixo foi eliminar do Plan Galego de Acuicultura algúns emprazamentos que non eran viables económica, social ou ambientalmente pero entre eles non está o de Ribadeo.
EMPRESAS DA MARIÑA XERAN EMPREGO E RIQUEZA EN PORTUGAL
Balseiro tamén explicou que de non ter palizado o PSOE e máis o BNG desde a anterior Xunta o anterior Plan acuícola, seguramente teríase creado a pranta de Ribadeo e con ela moitos máis empregos dos que dun xeito directo traballarían na empresa Así o indicou o voceiro do Mar popular porque de feito existen compañías da Mariña lucense que están a aplicar o seu “facer saber” nas piscifactorías que Pescanova ten no pais veciño, en Portugal, onde tiveron que fuxir as empresas galegas despois de que o bipartito lles obrigara a buscar outros emprazamentos. Todo este emprego e riqueza que hoxe está en Portugal, “podería terse creado en Ribadeo, pero o PSOE non o permitiu”-concluíu Balseiro.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



