A cabalgata de reis que se celebrou nas distintas localidades das tres comarcas de A Mariña puxeron o remate á programación de Nadal na maioría cos concellos. A choiva non foi obstáculo para que os nenos e as nenas disfrutasen da vista dos Reis a Lourenzá, Xove, Barreiros, San Cibrao e outras localidades.
Os actos de Nadal prolónganse en algunhas localidades, asi en Burela o venres ás oito e media da tarde terá lugar no auditorio o tamén xa clásico concerto de aninovo da banda de música de Burela e xa para rematar o sábado para os máis pequenos e pequenas da casa Teatro do Andamio representará no auditorio da Casa da Cultura ás seis da tarde a obra A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz.
Chegaron os Reis a Xove sobor das 17:30 horas, para realizar a súa primeira actividade no noso Concello, que foi unha visita, como ven sendo tradicional nos últimos anos, á Residencia San Rosendo, onde acompañaron e levaron ilusión e agasallos aos nosos velliños.
A continuación tomaron novamente as súas carrozas, e saindo das inmediacións do Campo Municipal de Fútbol de Xove, realizaron o seguinte percorrido: Rúa Agramonte, pasando por diante do CEIP Pedro Caselles ata chegar á Avenida Deputación, onde percorreron unha boa parte da mesma, cortando por Doutor Baamonde Illade e continuado polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico, onde se dirixiron ao Belén Xigante que está instalado no Parque Municipal de Xove, aproveitando para facer as tradicionais ofrendas ao Neno Xesús.
Temos que decir que o tempo, que en principio parecía que ía chover, respetou totalmente a Cabalgata, e non caiu nin unha gota, o que fixo que as rúas de Xove estiveran ateigadas de xente, sendo esta, con moito, a Cabalgata máis multitudinaria dos últimos anos.
Como remate da súa presencia, e antes de volver para traer agasallos a tódolos nenos pola noite, realizaron a entrega dos premios do Concurso de Postais de Nadal no Salón de Actos do Centro Cívico.























O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



