FALAMOS MOITO E ESCOITAMOS POUCO
Hai uns días, escoitei a Campo Vidal afirmar que os españolitos do século XX falamos moito, demasiado, pero escoitamos moi pouco. Eu engadiría que, ademais, non conversamos. O “bing bang” das conversacións polas redes sociais trouxo consigo este hábito: fálase moito, lese menos e convérsase moi pouco. E seguramente non hai ningún outro espazo como “as redes” para evidenciar os límites da conversación.
Estes días na que abondan temas como o da crise económica, do caos aéreo e de wikileaks fixéronse evidentes os problemas da conversación nas redes sociais e tamén, dito con toda humildade no meu blog “A MALIÑA DE LUGO” e en outros moitos que pululan por a rede.
Vaia pois aquí un resume:
1. Sempre hai un familiar ou un veciño ao que lle pasou “aquilo”, sexa o que sexa aquilo.
2. A hipótese negativa sempre ten máis adeptas que a hipótese positiva.
3. A hipótese catastrofista sempre ten máis adeptas que a hipótese negativa.
4. As teorías “conspirativas” xeran unha audiencia inmediata.
5. Os datos equivocados repítense a pesar da evidencia empírica en contra.
6. Sexa o que sexa, a culpa é do goberno de Madrid, os autonómicos limítanse a botarlle a culpa a`Zapatero de todo, a pesar de que Zapatero goberna ben pouco, por falta de competencias nos territorios como Galicia.
7. A partir dun momento, a conversación acontece entre “nós ” e “eles”.
8. A maioría das “piadas” encol un tema son practicamente idénticas.
9. A pesar de que nunca se abren, enlázalos achegan verosimilitude.
10. Aos poucos minutos, o debate de actualidade será outro. E as “piadas” levarallas o vento.
11. Esto sucede tamén con a prensa escrita, onte o Xefe dos comerciantes de Viveiro dicía “Dáme a sensación, particularmente, que o chamado espírito navideño estivo moi ausente, en xeneral, a sensación de Navidad, de compartir un viño, de facer as compras… Nos últimos momentos apareceu un pouco, pero durante todo o período houbo certa carencia. E ese espírito non significa ter máis posibilidades á hora de mercar. Con respecto á campaña de Navidad en si… o que imaxinábamos, un pouco lenta. Todo un ejemplo retorico-poetico pare dicir “Por aquí fai un frio de carallo, e chegou a crise en todo o seu esplendor”
Pero todo esta amañado pois “Xa comezaron as rebaixas” e todos non vamos a mecer ricos” , ¿Ou non?.
Otero Regal




















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



