FERNANDO SUÁREZ ASINOU HOXE O DECRETO PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE EMERXENCIA NA SEGURIDADE DA TORRE DOS MORENO. OPERARIOS MUNICIPAIS ESTÁN A REALIZAR OS TRABALLOS PREPARATORIOS PARA O APUNTALAMENTO QUE SE REALIZARÁ EN DATAS PRÓXIMAS.
Ribadeo, 12 de xaneiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, asinou hoxe un decreto para a adopción de medidas de emerxencia na seguridade da Torre dos Moreno. Operarios municipais están a realizar os traballos preparatorios para o apuntalamento que se realizará nos vindeiros días, ademáis procederase a ovalado dunha parte do Cantón dos Moreno e pecharase ao tráfico e aos peóns a rúa Villandrando.
O rexedor explicou que “nos últimos tempos xa nos vimos referindo á necesidade de adoptar unha serie de medidas pecautorias de cara a salvagardar a seguridade pública na propia Torre dos Moreno e nas inmediacións. E hoxe, tendo en conta os informes dos técnicos, os informes de Intemac e todas as recomendacións solventes que nos indican que debemos adoptar medidas, decretei iniciar os traballos para un apuntalmento da parte máis afectada da Torre dos Moreno e tamén unha serie de medidas de seguridade como será o peche ao tráfico e peatonal da rúa Villandrando durante o tempo preciso para a realización destes traballos e tamén o valado dunha parte do Cantón dos Moreno”.
Suárez Barcia sinalou que “esta decisión, que se adopta en aras da seguridade pública, está comunicada tamén aos departamentos pertinentes da Xunta, dado que o edificio foi declarado BIC (Ben de Interese Cultural) hai anos e agradezo positivamente o apoio que espero que a Xunta nos próximos tempos lle otorgue ao Concello de Ribadeo para, entre as dúas institucións, traballar estreitamente co fin de lograr que este edificio non se veña abaixo e desde logo para lograr que non teñamos que lamentar desgracias persoais causadas por algún desprendemento deste inmoble”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “desde esta mañá persoal do Concello está a levar adiante os traballos preparatorios para o apuntalamento que se realizará nos vindeiros días. Primeiramente hai que acondicionar os terreos cunhas zapatas de formigón e cunhas bases moi específicas, que a empresa Intemac nos está a indicar que debemos preparar e a partires de aí instalaránse unha serie de puntais metálicos, que poidan garantir unha seguridade e resolver esta cuestión de emerxencia. E despois de todo isto haberá que avanzar noutros asuntos coma unha serie de rehabilitacións deste inmoble, onde os propietarios particulares da Torre dos Moreno, que son a maioría, terán que facerlle fronte na parte que lles toque”. Fernando Suárez engadiu que “e algo que vai a cambiar ou que cambiou o esquema que o Concello viña mantendo con este edificio, pero non deu resultado e estivo a provocar un deterioro acelerado nestes últimos anos deste inmoble, que aínda sendo patrimonio de todos moralmente é patrimonio duns cantos que están en Madrid, Galicia ou América. Moitos deles son uns indolentes por toda esta situación, que o día menos pensando nos pode dar un susto, polo tanto e sin ter o Concello a maioría da propiedade (só o 21%) está obrigado a tomar estas decisións e podemos considerar que o día de hoxe é o que marca o inicio dunha relación diferente entre o Concello e a Torre, na relación co noso patrimonio histórico e co noso casco vello de cara a melloralo de maneira radical nos próximos tempos”.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



