Nota de prensa
O PP de A Pontenova lamenta unha vez máis a “desidia” e “pasotismo” do equipo de goberno municpal.
Nesta caso o Partido Popular de A Pontenova lamenta as nulas actuacións do goberno municipal do PSOE ante os numerosos cortes de luz que veñen sufrindo varios barrios de A Pontenova, entre eles os de Xan Foucín, San Mamede, O Castelo, O Pico, O Mazo, entre outros, considerando incluso o PP o colmo da desfachatez que agora, despois de que os veciños decidiran facelo público e sacalo á prensa, é cando o Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno se deciden a presentar unha reclamación. Estes cortes de luz xa veñen de vello e o Alcalde de A Pontenova non fixo nada, nin se preoucupou deles ata que apareceu a prensa polo medio, e logo antes, que?, non eran cortes de luz que afectaban aos veciños e veciñas, e iso que o 1º tenente de alcalde vive nese barrio.
Desde o PP de A Pontenova consideramos unha vez máis dun “pasotismo” supino as actitudes do goberno municipal que parece estar so preocupado polos intereses particulares do seu partido e os seus propios en vez de estar atento e traballando para solucionar os problemas e o día a día dos veciños e veciñas con dilixencia e non a toro pasado, coma neste caso. Por iso o PP de A Pontenova pídelle ao PSOE pontenovés dilixencia e traballo na súa xestión municipal que para eso cobran uns bos soldos que pagamos entre todos os veciños e veciñas de A Pontenova, incluídos os de Xan Foucín.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



