Nota de prensa:
A Xunta de Goberno Municipal e a Comisión Executiva Local, queremos facer unha pequena reflexión do acontecido en Foz nas últimas horas, da dimisión Xaime Cancio como concelleiro da Corporación Municipal e da súa baixa como militante da Agrupación Socialista de Foz.
E queremos facelo conxuntamente dende PSdG-PSOE de Foz, este partido que o Sr. Cancio di que perdeu a ideoloxía, este que segundo di el, perdeu o talante e o consenso…
Medite un pouco Sr Cancio a ver quén é o que perdeu a ideoloxía … vostede nunca aceptou a Executiva Local dende o momento que esta gañou a votación na Asemblea, por poucos votos, é certo, pero tivo máis que vostede e iso, meu amigo, en democracia é gañar. Despois ofrecéuselle a vostede incluso formar unha executiva na que se incluiría a xente da súa lista, o que tampouco aceptou, pois pretendía que se botase fora xente da lista electa.
A continuación cal foi a súa estratexia?… unha campaña de afiliación salvaxe para dominar nas asembleas… a vostede dáballe igual a ideoloxía dos afiliados con tal de que nas asembleas levantasen a man por vostede…
Sirva como exemplo cando á sede da Agrupación veu un señor a asinar a ficha de afiliación e preguntou para qué estaba firmando, tras explicarlle que se estaba afiliando ao Partido Socialista, dixo que el non quería ser Socialista, que era do PP, pero que viña a asinar por Cancio, para que fose alcalde. Loxicamente esta afiliación foi informada en contra.
Onde esta aí a ideoloxía? Sr Cancio.
Cando vostede é cesado das súas delegacións polo Sr Alcalde, pois é competencia única e exclusiva do alcalde dar ou quitar delegacións, da mesma maneira que o é do Presidente da Xunta ou do Presidente do Goberno ( que por certo o fan e ninguén se rasga as vestiduras), vostede veu a Executiva “esixindo” unha Asemblea Extraordinaria para pedir explicacións ao alcalde, onde se lle comunicaron os pasos a seguir para solicitala, e vostede fíxoo amparándose nos Estatutos Nacionais. Despois como non lle conviña a data de celebración que se puxo, respectando o marcado en ditos estatutos, pretendía que dita asemblea se datase aplicando outro artigo, pero esta vez dos estatutos provinciais… ou sexa señor Cancio que vostede pretendeu facer uns novos estatutos á súa medida, collendo o que mais ia cos seus intereses de uns e de outros.
Cansouse de poñer recursos contra esta executiva diante dos Órganos de Partido e cal foi a súa resposta ? Ningunha. Non cree vostede que iso foi por que non tiña razón ? Ou pensa que esta humilde executiva pode impoñer o seu criterio nesas altas esferas?
Agora di, que segue sendo Socialista, pero vai vostede a presentar unha candidatura en contra do Partido Socialista ás próximas Eleccións Municipais, o cal esta vostede en todo o seu dereito por suposto, pero non diga que o fai polo Socialismo, vostede faino por Xaime Cancio, nada mais. Pois si, ben é certo que vostede é traballador, moitos saben que os favores que fai vostede sempre, sempre máis tarde ou mais cedo se acaban pagando, que sempre teñen un prezo….
Así que pense vostede, quen é o que ten máis cara que espalda?….
Agradece a súa colaboración ao persoal do Concello e da Casa da Cultura, pois dalgún persoal da Casa da Cultura é mellor que vostede non fale, pois os quixo levar o borde do precipicio.
Respecto a política de derroche que di que se leva o Concello en temas Culturais que dicirlle… este ano as festas foron feitas polo Concello e pagáronse mais de 12.000 euros de IVE, ademais dos correspondentes dereitos de autor.
A pantalla luminosa é certo que podía ser posta gratuitamente por unha empresa, pero non sería de propiedade municipal, e o que mostraría sería publicidade de diversa índole, deixando un espazo moi pequeno para as novas do Concello. Así mesmo esta pantalla podía ser retirada por esa empresa en calquera momento, a existente, repítolle, é de propiedade municipal.
Os gastos aos que se refire no CENIMA son para dotar de servizos a cafetería do Club Náutico, co que hai un acordo para poñela a funcionar e para dotalo de outras melloras que reclaman os veciños, tales como máis luminosidade nas salas de exposicións, para así poder apreciar mellor as obras expostas.
No referente ao servizo de axuda a domicilio, dicirlle que os socialistas cando non podemos dar un servizo como se debe de dar, por que non se dispón da xente suficiente, buscamos a forma de compartilo, para así acadar os resultados esperados polos veciños, e iso foi o que se fixo, compartir ese servizo, no que aínda segue habendo traballadores municipais.
Que non lle gusta a Aula da Natureza, xa o sabemos, nin lle gustará nada do que fagamos…como o destino do millón de euros da Deputación… por que, por exemplo, se os deportistas e os veciños do pobo, entre os que se atopan moitos maiores, reclaman un SPA na piscina municipal, pois no caso dos maiores axudaría a aliviar algunha das súas doenzas, e se lles pode dar, por que non se vai a facer. Por que non lle guste a vostede?
E a ver si dunha vez di a que se refire co do tema do urbanismo, aclare de unha vez a que sentencias se refire ou deixe xa de marear a perdiz.
Felicita vostede á compañeira Elsa, que é quen o vai substituír, pero non di nada do ano de traballo polo pobo de Foz que vostede lle impediu levar a cabo ao non entregar a acta cando se lle reclamou en Asemblea, despois de que vostede en numerosas ocasións a puxese a disposición de esta. Claro que vostede nunca acatou a validez desa Asemblea, posto que non lle saíron os plans como vostede quería..
O síndrome Hybris que vostede menciona, é vostede quen o sufre, recapacite e pense … quen se cree con toda a razón? …quen protesta por que non lla dan? … quen ten o séquito de incondicionais dándolle a palmadiña na espalda ou levantando a man por vostede? …quen xa se vía como alcalde desde a metade da lexislatura? … quen se cría insubstituíble? …quen fallou tanto na Delegación de Pesca como no Concello? vostede Sr Cancio, vostede… así que quen é o do síndrome Hybris?


















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



