Nota de prensa:
Besteiro despide no aeroporto ós beneficiarios das primeiras becas Lug02 que parten a Europa
– 18 xóvenes lucenses realizarán prácticas durante 4 meses en prestixiosas empresas de Hamburgo, Praga, Belfast, Florencia, Viena e Lisboa nas que se empregan innovadoras técnicas medioambientais
– Logo, durante 8 meses, porán en práctica os coñecementos adquiridos en firmas lucenses nas que recibirán 1.000 euros ó mes. Posteriormente, poderán facelo como emprendedores
– Con esta iniciativa, a Deputación favorece a creación de novos postos de traballo e oportunidades económicas, ademais de combater o despoboamento demográfico no rural, ofrecendo ós novos profesionais formación especializa moi práctica na provincia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, despediu este venres no aeroporto coruñés de Alvedro ós xóvenes beneficiarios das primeiras becas Lug02 que partiron ás 6 cidades europeas nas que, durante 4 meses, adquirirán experiencia profesional especializada a custe cero. O organismo provincial asume todos os custes: viaxes de ida e volta, aloxamento, manutención, así como os gastos dos organismo de acollida na cidade de destino. Dos 18 titulados lucenses que participan nesta iniciativa, 9 saíron esta mañá de Alvedro con destino a Florencia, Belfast e Viena, mentres outros 5 partiron do aeroporto compostelán de Lavacolla cara a Praga e Hamburgo. Os 4 restantes farano mañá dende A Coruña a Lisboa. Gómez Besteiro destacou que “traballarán en empresas punteiras, e logo volverán con novos coñecementos aprendidos que porán a disposición da provincia. En época de crise hai que investir na formación na formación relacionada co medioambiente porque é a nosa oportunidade económica”.
Durante as dúas primeiras semanas de estancia, os bolseiros recibirán un curso de inglés co fin de adquirir maior fluidez no uso do idioma, ó tempo que realizarán varias entrevistas de traballo para seguidamente, comezar coas prácticas durante 14 semanas na entidade que máis se axeito ó seu perfil académico. Asimesmo, terán a oportunidade de asistir a diversas actividades culturais para familiarizarse coa cidade. En todo momento, contarán co asesoramento da Deputación.
Oportunidades económicas
Estas primeiras becas enmárcanse dentro do programa Lug02, dotado de 5 millóns de euros -cofinanciado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo organismo provincial-, posto en marcha dentro da aposta polo medioambiente, “a nosa oportunidade económica”, co obxectivo de xerar riqueza na provincia mediante a posta en valor das 3 Reservas da Biosfera e O Courel.
Esta iniciativa, que conta cun presuposto de 950.000 euros, busca crear novos postos de traballo e oportunidades económicas, ó tempo que facer fronte ó despoboamento demográfico que sufre a provincia, ofrecendo os novos profesionais lucenses unha formación especializada en materia medioambiental moi práctica no mercado laboral da provincia. Deste xeito, todos os beneficiados son mozos de Lugo titulados dende o 2007 en enxeñerías, licenciaturas ou diplomaturas relacionadas coa economía verde, tales como Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Bioloxía, Industriais, Agrónomos, Química, Minas ou Turismo.
Da mesma forma, logo do período de prácticas nas empresas de Europa con maior proxección nas que se están empregando innovadoras técnicas medioambientais, durante 8 meses, terán a oportunidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos como bolseiros en entidades das 3 Reservas da Biosfera e O Courel nas que a maiores, recibirán 1.000 euros ó mes. Posteriormente, poderán facelo como emprendedores nunha provincia 100% medioambiental, onde o 55% da súa superficie é Reserva da Biosfera avalada pola UNESCO, e que conta con máis de 100 quilómetros de costa e con 800 quilómetros de Camiños de peregrinación.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



