Nota de prensa
Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro
Non podemos mais que sorprendernos ante o desembarco de
autoridades realizado po lo P.P. na nosa vila, e cando menos
sintomático que para “supervisar” unha obra financiada po lo canon
eólico aterrecen; un conselleiro, unha súper delegada,
parlamentarios, membros da mesa do parlamento e ata o
presidente provincial.
Tamaño despliegue de cargos e coches oficiais no noso
concello solo comparable co acaecido cando viñeron a entregar as
chaves das vivendas de protección oficial fai unhos meses.
Vivendas as que por certo nada tiveron que ver posto que foron
executadas por la anterior administración autonómica, pero xa se
sabe o caso e saír na foto.
Deplorable tamén actitude do goberno local que , unha obra
longamente demandada por todos los grupos municipais e
aprobada en pleno po la totalidade de membros do mesmo non
teñan a delicadeza e a cortesía de convidar al menos a os
portavoces dos distintos grupos. Máxime cando o P.P. non conta co
a maioría necesaria para aprobar este tipo de obras.
Estamos convencidos que para compensar estas actuacións a
seguinte vez que nos visiten tan ilustres persoeiros viran a anunciar
o comezo do parque industrial, que xa temos pediatra no centro
médico, que se remata o saneamento de Moucide, que se comeza
o centro de dia, que se cumpra o convenio da gardería, en fin que
se remate ca sequía de inversións con o noso concello. Si así o fan
seremos os primeiros en recoñecer e ata no nos importará que
volva o señor Barreiro nin sequera a pompa e o boato desta austera
administración
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



