Nota de prensa:
VILLARES DI QUE A CONSTRUCIÓN DA RESIDENCIA DE SAN CIPRIÁN VEN A MATERIALIZAR O COMPROMISO ADQUIRIDO POLO GOBERNO LOCAL COS VECIÑOS DO MUNICIPIO
* A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, presideu o acto de colocación da primeira pedra desta infraestrutura que disporá de 53 prazas residenciais e 25 prazas de centro de día.
Cervo, 2 de febreiro de 2011.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou a súa satisfacción polo inicio dos traballos de construción da futura residencia Residencia-Centro de Día de San Ciprián e destacou a importancia que suporá para o municipio esta infraestrutura de carácter asistencial cuxas obras comezaron hoxe co acto de colocación da primeira pedra por parte da conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato.
O rexedor destacou o emprazamento elixido na avenida da Veiga para a edificación da futura residencia, “en pleno casco urbano preto do centro de Saúde e con vistas ao mar”indicou. Así mesmo puntualizou que, aínda que o solar estaba destinado orixinariamente como a solo dotacional para instalacións deportivas, dende o Goberno local decantáronse por esta finca porque as necesidades de solo para instalacións deportivas estaban cubertas coa recente adquisición por parte do Concello de 14.000 metros cadrados no polígono de Cuíña para esta finalidade. “Por iso, consideramos oportuno e necesario ubicar este edificio neste punto” recalcou Villares.
Un proxecto ambicioso
O alcalde tamén fixo referencia ás dimensións desta nova infraestrutura e lembrou que se trata dun proxecto “ambicioso” que disporá de 53 prazas para residentes e 25 máis para o Centro de Día. “As características do proxecto condicionounos a ter que dispoñer para a Xunta dun terreo de dimensións importantes se queríamos levar adiante unha infraestrutura desta envergadura. Para facernos unha idea, a superficie construída desta nova residencia será o dobre da superficie que tiñan as instalacións educativas do antigo colexio Rivera Casás, as cales rondaban os 1.500 metros cadrados” sinalou o primeiro edil.
Por outra banda, dixo tamén que a realización desta residencia é unha satisfacción tanto para el, como para o resto de compañeiros do grupo de Goberno local “porque se trata da materialización dun dos principais compromisos adquiridos coa nosa cidadanía que agora se fai realidade grazas á axuda dun goberno autonómico receptivo aos nosos problemas e necesidades como é o presidido por Alberto Núñez Feijoo e do que tamén forma parte dona Beatriz Mato”.
Neste sentido o rexedor local salientou o apoio amosado dende a Xunta para levar adiante este proxecto. “Dende o primeiro momento os responsables autonómicos foron tremendamente receptivos á nosa demanda; a pesares da complicada conxuntura económica pola que estamos a pasar. E por iso, é preciso reiterarlle á conselleira de Traballo o noso agradecemento á Xunta de Galicia por este esforzo e compromiso cos veciños e veciñas de Cervo”recalcou.
Características
A nova residencia ten un presuposto de execución de 1.996.000 euros. Construirase nun terreo de titularidade municipal situado na zona da Veiga entre o pavillón de deportes e o estadio municipal. Terá unha superficie total construída de máis de 3.000 metros cadrados distribuídos en cinco andares: semisoto, planta baixa e tres plantas altas (nas que irán destinadas á área habitacional da residencia).
Na planta baixa ubicarase a entrada principal e os servizos administrativos do centro, así como a zona de consulta médica e de rehabilitación, ademais dunha pequena zona de servizos e unha sala de actividades varias destinada ao centro de día. No semisoto irán ubicados os distintos departamentos de servizos da residencia (cociña, lavandería, almacéns, vestiarios de persoal, etc…). O semisoto tamén se destinará para ubicar na súa parte traseira o comedor e a sala de estar común; os cales terán acceso a un xardín e a unha área de esparexemento.
En cada unha das tres plantas altas, de carácter residencial, distribuiranse as distintas habitacións ademais, de zonas de estar, enfermería e zonas de control, aseos, e servizos.
No concello de Cervo existen actualmente un total de 1.193 residentes maiores de 60 anos, potenciais usuarios deste servizo.




















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



