Nota de prensa:
RAQUEL ARIAS ANUNCIA QUE A XUNTA REHABILITARÁ DE XEITO INMEDIATO A CASA DA ADMINISTRACIÓN DE SARGADELOS, EN CERVO
* A delegada territorial explicou que as obras, nas que se investirán 87.000 euros, afectarán tanto á fachada como ao interior e estarán rematadas antes de finais de ano
Cervo, 8 de febreiro de 2011.- A Consellería de Cultura e Turismo rehabilitará a Casa da Administración de Sargadelos, en Cervo, mediante unha serie de actuacións que afectarán tanto ao exterior como ao interior do edificio e nas que se investirán 87.000 euros.
Así o anunciou hoxe a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo xefe territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
A delegada destacou a importancia deste proxecto “longamente esperado polo concello de Cervo, por Sargadelos, e por todos cantos aman e valoran o que significa este complexo dende o punto de vista industrial, artístico e histórico”.
Esta actuación cumpre o compromiso adquirido pola propia delegada territorial na súa primeira visita no cargo á Casa da Administración, hai pouco máis dun ano. Avanzando na idea da recuperación da instalación, a delegada incidiu en que “estas obras son o primeiro paso cara a unha redefinición da exposición permanente e o uso do edificio”, que “deben ser actualizados buscando unha maior eficiencia e rendibilidade cultural e turística”.
Arias considerou que se facía “xa imprescindible” acometer unha actuación deste tipo no inmoble, polo que valorou a dilixencia coa que se pretenden realizar as obras, “que estarán rematadas antes de finais de ano”.
A delegada precisou que esta actuación foi encadrada dentro dunha iniciativa da Xunta para a conservación, restauración e posta en valor da arquitectura civil atendendo á consideración de conxunto histórico que ostenta o recinto do complexo siderúrxico e cerámico de Sargadelos.
Ao respecto, aproveitou para agradecer a colaboración e o traballo que está a realizar o concello de Cervo no mantemento da Casa da Administración, sendo a única institución que, xunto coa Xunta, está contribuíndo á conservación e dinamización deste patrimonio único en Galicia.
Arias manifestou que nos atopamos “diante dunha proba máis do compromiso do Goberno da Xunta co conxunto de Sargadelos, tanto co proxecto empresarial como co patrimonio histórico que representa”.
Deste xeito, lembrou que a Consellería de Cultura achegou 30.000 euros para o funcionamento e mantemento da Casa da Administración e para a realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos.
Igualmente, a Consellería de Economía e Industria comprometeu hai dous meses unha axuda global de 1 millón de euros para apoiar o plan de expansión da empresa e lograr así o mantemento dos máis dun cento de empregos cos que conta a compañía.
“Mediante a suma de actuacións, restaurando o inmoble e promovendo a actividade socio-cultural, a Xunta pretende rehabilitar Sargadelos, devolverlle o papel senlleiro na cultura galega que lle corresponde por historia e por méritos propios”, afirmou Raquel Arias.
Actuacións no edificio
As actuacións a levar a cabo no edificio afectarán tanto ao exterior como ao acondicionamento de espazos interiores. Así, contemplan a reparación xeral da cubrición de lousa, repintado da fachada, impermeabilización de zócalos, pintado da baranda e reparacións puntuais de carpintaría.
Polo que respecta ao interior, reformaranse os aseos para facelos accesibles a persoas con problemas de mobilidade; instalarase un forxado sanitario in situ e un sistema de ventilación contra humidades no soto; procederase a aplicar un tratamento de impermeabilización ás paredes que estreman directamente co terreo, así como á reparación xeral dos danos por humidades. Tamén se introducirán elementos de transición e transmisión de esforzos da estrutura da cuberta.
VILLARES AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA AXUDA DE 87.000 EUROS DA XUNTA PARA A REHABILITACIÓN DA CASA DA ADMINISTRACIÓN DE SARGADELOS
* As actuacións a levar a cabo no edificio afectarán tanto ao exterior como ao acondicionamento de espazos interiores.
Cervo, 8 de febreiro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou a súa satisfacción polo anuncio das obras de rehabilitación da Casa da Administración feito hoxe pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.
Villares -que asistiu en rolda de prensa xunto con Arias e o xefe territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina- agradeceu o apoio económico da Xunta para levar adiante esta actuación e recordou que unha das prioridades do Goberno local foi sempre encamiñada a poñer en valor este edificio, “un lugar emblemático para todos os cervenses e un sinal de identidade do nosos concello” sinalou.
Primeira axuda en seis anos
O rexedor dixo que este investimento é “imprescindible” para acometer os traballos necesarios que garantan o mantemento e a estrutura deste edificio. Ao fío disto salientou tamén que esta axuda -de preto de 90.000 euros- é a primeira que se fai neste inmoble nos seis últimos anos; “e tamén é a primeira que recibe o conxunto histórico-artístico de Sargadelos nese mesmo período de tempo se exceptuamos -claro está- os máis de 30.000 euros que investiu a Consellería da Presidencia, presidida por Alfonso Rueda, nada máis chegar ao Goberno da Xunta coa finalidade de paliar os estragos ocasionados neste enclave polo ciclón Klauss” sinalou o alcalde.
Por último, Villares indicou que cando finalicen as obras de rehabilitación da Casa da Administración, os integrantes do Real Padroado de Sargadelos deberán traballar xuntos para relanzar este enclave histórico e cultural. “Unha vez rematen os traballos quédanos o o máis importante: devolverlle a actividade que se merece a este conxunto histórico. Por iso temos que traballar dende agora mesmo entre todos os membros do Padroado para activar este lugar privilexiado” sinalou.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



