Nota de prensa
ADEGA esixe á Xunta máis compromisos e menos componendas na loita contra a contaminación atmosférica
ADEGA ten denunciado en diversas ocasións o preocupante estado do aire nas nosas cidades e a inoperancia das administracións á hora de tomar medidas. Á cativa rede de estacións urbanas de control, da que moitas veces “desaparecen” oportunamente datos, hai que engadir o descoñecemento dos rexistros da rede industrial. Alén disto, a recente normativa estatal, transpoñendo diversas directivas europeas, obriga ás administracións a levar un control doutros contaminantes que como os metais pesados, o benceno e os HAPs (hidrocarburos aromáticos policíclicos) supoñen un risco para a saúde e que proveñen na súa maioría da combustión de derivados do petróleo polo tráfico e as calefaccións.
A respeito do déficit de información, este mes de febreiro na páxina da rede oficial da Xunta sobre contaminación “desapareceron” determinados valores para os NOx (Óxidos de Nitróxeno) na cidade de Ourense, unha das localidades que maiores cifras acada deste contaminante. Foron 14 horas do día 21 de febreiro e 10 horas do 22, todas consecutivas, nas que non aparecen datos. Lembremos que o valor máximo horario son 200ug/m3, que non debe ser superado máis de 18 veces ao ano; e o valor de alerta a partires do cal a adminisración debe advertir á poboación son 400ug/m3 en tres horas consecutivas. Precisamente este valor de alerta superouse en Ourense entre as 11 e as 12 da mañán do día 22 de febreiro, faltando datos de todas as horas anteriores. (case un día enteiro). Se as medicións das 9h tiveran superado os 400ug/m3 a Xunta debería ter decretado a alerta por contaminación. Só a administración sabe por que non publicou estes valores.
| Data – Hora | Ourense NOX |
| 21/02/2011 00:00 | — |
| 21/02/2011 01:00 | 130,59 |
| 21/02/2011 02:00 | 43,4 |
| 21/02/2011 03:00 | 50,63 |
| 21/02/2011 04:00 | 45,66 |
| 21/02/2011 05:00 | 46,26 |
| 21/02/2011 06:00 | 91,6 |
| 21/02/2011 07:00 | 122,67 |
| 21/02/2011 08:00 | 231,16 |
| 21/02/2011 09:00 | 320,39 |
| 21/02/2011 10:00 | ? |
| 21/02/2011 11:00 | ? |
| 21/02/2011 12:00 | ? |
| 21/02/2011 13:00 | ? |
| 21/02/2011 14:00 | ? |
| 21/02/2011 15:00 | ? |
| 21/02/2011 16:00 | ? |
| 21/02/2011 17:00 | ? |
| 21/02/2011 18:00 | ? |
| 21/02/2011 19:00 | ? |
| 21/02/2011 20:00 | ? |
| 21/02/2011 21:00 | ? |
| 21/02/2011 22:00 | ? |
| 21/02/2011 23:00 | ? |
| 22/02/2011 00:00 | ? |
| 22/02/2011 01:00 | ? |
| 22/02/2011 02:00 | ? |
| 22/02/2011 03:00 | ? |
| 22/02/2011 04:00 | ? |
| 22/02/2011 05:00 | ? |
| 22/02/2011 06:00 | ? |
| 22/02/2011 07:00 | ? |
| 22/02/2011 08:00 | ? |
| 22/02/2011 09:00 | ? |
| 22/02/2011 10:00 | 413,73 |
| 22/02/2011 11:00 | 436,29 |
| 22/02/2011 12:00 | 285,97 |
Segundo o rexistro de emisións PRTR-España as industrias radicadas en Galiza emiten 19.565.000 Kg de óxidos de nitróxeno (NOx/NO2), é dicir o 7,15% do total do Estado (datos de 2009). Os 4 principias focos contaminantes industriais segundo o rexistro mencionado están na Coruña (térmica de As Pontes e refinería de Repsol), a fatoría de Alúmina en Cervo, e o cuarto está en Ourense (COREN), un “centro de procesado avícola” cunha emisión de 1,5 millóns de kg/ano. Non é de estrañar portanto que Ourense acade valores tan altos de NOx, polas elevadas emisións industriais e urbanas, unidas á particular climatoloxía e á relativamente baixa circulación do aire da cidade.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



