A Consellería de Traballo rehabilitou o Matadoiro Municipal de Lourenzá como Escola Obradoiro “Val de Lourenzá”
Nota de prensa
Delegación de Medio Ambiente
Este inmoble, que era o antigo Matadoiro Municipal, foi rehabilitado coa Escola Obradoiro “Val de Lourenzá”
O DTOR. XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA, D. RICARDO GARCÍA BORREGÓN INAUGURA A AULA DA NATUREZA NO CONCELLO DE LOURENZÁ
* Será o vindeiro xoves día 24 as 12 h. no propio inmoble no lugar de A Ferrería na Parroquia de Santa María.
* Con motivo da inauguración a aula albergará a Exposición Didáctica “Galicia, conservando a natureza” ata o vindeiro martes día 1 de Marzo.
* Con motivo desta inauguración invitamos aos alumnos do CEIP Juan Rey a participar da exposición o vindeiro venres 25 coa presenza dun monitor-educador.
Lourenzá, 22 de Febreiro do 2011.- A Concellería de Traballo de Lourenzá está a organizar a inauguración da Aula da Natureza para o vindeiro xoves dia 24 por parte de D. Ricardo García Borregón, Dtor. Xeral de Conservación da Natureza.
Esta Aula da Natureza está ubicada no anterior Matadoiro Municipal no lugar de A Ferrería na Parroquia de Santa María que foi rehabilitado coa Escola Obradoiro “Val de Lourenzá” durante o ano pasado no que participaron os módulos de Albañilería con 12 alumnos e Carpintería con 8 alumnos e cuio orzamento ascendeu a 16.787,30 € e as obras que se lebaron a cabo foron:
* Colocación de tódalas unidades de carpintería interior realizadas en madeira de pino.
* Realización da baranda das escaleiras principias do edificio realizada tamén en madeira de pino.
* Sellado e barnizado de tódalas unidades de carpintería exterior existentes.
* Colocación do vidro na porta principal de entrada ó edificio.
* Colocación de tódolos puntos de luz así como bases de enchufes, puntos de luz de emerxencia e extintores.
* Barnizado da estructura e entablado de madeira que conforma o forxado de cuberta.
* Aplicación dunha pintura pétrea a tódalas fachadas como revestimento exterior.
Con motivo da inauguración contamos na Aula da Natureza coa Exposición Didáctica “Galicia, conservando a natureza” A exposición, a través de 22 paneis, preténde dar a coñecer os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais protexidos. Pero tamén pretende sensibilizarnos da importancia dos espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as futuras xeracións.
Esta exposición poderá verse dende o xoves 24 de febreiro ata o martes día 1 de marzo de 11 a 13 h e polas tardes, só os días laborais, de 17 a 19 h.
Seguindo coa involucración desta concellaría cós máis pequenos na concienciación do coidado e a importancia da natureza, os alumnos do CEIP Juan Rey acudirán o venres 25 a Aula da Natureza para coñecer e traballar a Exposición da man dun monitor educador.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



