Nota de prensa
O BNG PEDIRÁ NO VINDEIRO PLENO DE BARREIROS OS PROXECTOS DE ARRANXO DOS CAMIÑOS, QUE SE ATOPABAN DETERIORADOS POLO PASO DA MAQUINARIA QUE TRABALLOU NAS OBRAS DA AUTOVÍA. AOS NACIONALISTAS PARÉCELLES UNHA MÁGOA QUE OS VECIÑOS TIVESEN QUE ACUDIR AOS MEDIOS A DENUNCIAR ESTA SITUACIÓN.
Barreiros, 2 de febreiro de 2011. O BNG pedirá no vindeiro pleno de Barreiros os proxectos de arranxo dos camiños, que se atopaban deteriorados polo paso da maquinaria que traballou nas obras da autovía do Cantábrico. Aos nacionalistas parécelles unha mágoa que os veciños tivesen que acudir aos medios de comunicación a denunciar a situación e acusan de deixación de funcións ao alcalde, Alfonso Fuente.
O portavoz do BNG no Concello, Antonio Veiga sinalou que “cando está a piques de inaugurarse un novo tramo da A-8 vemos con preocupación como moitos veciños están a protestar por diversas obras derivadas da construcción da autovía. Están preocupados polos accesos, polas caídas e recollidas da auga, que nalgúns casos poden provocar inundacións, polos pasos elevados que se ían facer e non se fixeron e sobre todo polo mantemento e reposición dos viais deteriorados polo paso da maquinaria que traballou nese vial”.
Desde o BNG entenden que “é unha mágoa que teñan que protestar os propios veciños, que teñan que sair na prensa e que teñan que organizarse entre eles para evitar que esas obras os perxudiquen e queden sen solución sine die, sobre todo cando había creada no Concello, a instancias do BNG, unha comisión de seguimento das obras da autovía. Dita comisión reventóuna o PP, non se debían encontrar moi cómodos nela. Así temos que en Vilamar os veciños teñen que sair a protestar á prensa polo deterioro dos viais e en San Cosme teñen que protestar porque o Santo Estevo do Ermo quedou sen uns accesos dignos, sen un paso elevado que tiña que haber por enriba da autovía e que era o que se prometeu nun principio. Agora hai que facer auténticos malabarismos para atopar o Santo Estevo do Ermo. Tamén queda algunha vía de servizo sen saída, por exemplo á estrada de Trabada, algo xa denunciado por varios veciños días pasados”.
Desde o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego consideran que “si a comisión de seguimiento de obras da autovía se reunise todos os meses tal e como tiñamos previsto e se visitaran coas asociacións de veciños todas as parroquias eses problemas hoxe en día estarían solucionados. O PP reventou a comisión porque lle era incómoda, non o entedemos porque temos un concelleiro de Obras que era un dos que ían estar á fronte dela. Non sabemos porque o alcalde, Alfonso Fuente, quixo reventar esta comisión de seguimento das obras da autovía. E agora aí aparecen os problemas e van ser difíciles de solucionar se non se atallan neste mesmo momento”.
Veiga Outeiro dixo que “entendemos que unha obra destas características ten que provocar incomodidades porque os camións tiñan que pasar por algún sitio, pero outra cousa é a solución que lles da despois aos veciños. Unha vez rematada a obra haberá que deixar esa rede viaria no mellor estado posible, como estaba ou mellor incluso e deixar os accesos a todos os montes e a todas as propiedades tal e como estaban ao principio. Unha obra desta envergadura non pode significar perxuizos para os veciños, ten que significar beneficios e para iso tíñase que poñer á fronte o Concello de Barreiros, tivo a súa oportunidade e non o quixo facer, así que o responsable de todo isto é o Concello, porque non esixiu o que tiña que esixir no seu momento. Nós cremos que é unha grave deixación de funcións e agora terano que pagar os veciños, a ineficacia e a ineficiencia do Concello terana que pagar todos os veciños do concello”.
O BNG levará esta cuestión ao pleno do vindeiro venres, “que por certo tiña que terse celebrado o pasado luns e non sabemos porqué tampouco tivo lugar. Levaremos todas estas propostas e pediremos os proxectos de arranxo dos camiños, como representantes políticos e dos veciños temos que coñecer eses proxectos e a ver si satisfacen as súas demandas”.






















Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



