Nota de prensa:
OS POPULARES FOCENSES ARREMETEN CONTRA AS MANIPULACIONS INFORMATIVAS E DEMAGÓXICAS DO Sr RIVERA, FALTANDO Á VERDADE PARA ENCUBRIR UNHA METEDURA DE PATA QUE AINDA NON ACLAROU. .
Foz, 02/02/11.- O partido popular focense non acaba de crerse que Sr Rivera sexa capaz de manipular as informacións de tal xeito para encubrir a súa “metedura de pata” cos xenéricos, cando afirmaban que os “xenéricos poden ocasionar danos irreversibles para a saúde” e máis que saben que existe fraude sanitario porque confirman que “existen mariñáns que piden a familiares de Asturias recetas para medicamentos concretos”, e que o Sr Castiñeira lles recriminou corrixir por non ter sentido algún e estar fora de contesto co único obxetivo de alarmar aos veciños.
Os populares focenses recórdanlle a Rivera que foi o PP o que propuxo cambiar a moción do PSOE no pleno , onde solicitaban revisar o catalogo de medicamentos á Xunta de Galicia”, por outra na que se expoñían os seguintes puntos:
1º.- Instar á Xunta de Galicia a que cumpra o estipulado no artigo 12.3 da Lei 8/2008, de Saúde de Galicia na que recolle expresamente o dereito dos cidadáns a obter os medicamentos e produtos sanitarios que se consideren necesarios para promover, conservar ou restablecer a saúde. 2º.- Instar á Xunta de Galicia a que manteña o seu compromiso en mellorar a saúde dos cidadáns garantindo os seus dereitos, a través da eficiente xestión dos recursos sanitarios dos galegos e de racionalización do gasto farmacéutico, desenvolvendo o marco normativo necesario para levala a cabo, e 3º. Instar ao Parlamento de Galicia a axilizar a aprobación dunha lei de creación dun catálogo farmacéutico para Galicia”. Tal e como está a facer actualmente a Xunta, e que o Sr Castiñeira apoiou coas súas declaracións
Afirma o Partido Popular de Foz “ que é unha irresponsabilidade do Alcalde non saber o que vota nos plenos, á presa e correndo, e logo o máis grave e intentar xustificar sen escrúpulos atacando ao candidato Castiñeira que en días previos confirmou totalmente o que se aprobou no Pleno, e ahí está a acta para comprobala”.
Polo tanto Confirmamos as declaracións do noso Candidato en defensa do catalogo de medicamentos e da boa xestión dos recursos sanitarios dos galegos coa racionalización do gasto farmacéutico, co que se garante o subministro de medicamentos ao cidadán cun aforro de 10 millóns de euros ao mes, como se aprobou no pleno e non ceder á submisión da industria farmacéutica e ás presións do PSOE que avogan polo consumo de marcas caras ante os xenéricos, nun alarde de derroche ao que xa nos teñen acostumados”.
No partido Popular, incluído o grupo municipal apoiamos rotundamente ao noso Candidato Castiñeira, e Rogamos de novo a rectificar as declaracións inicias dos Socialistas onde confirmaban que pode existir fraude sanitario, é dicir tiran a pedra e esconden a man, e onde confirmaban sen ningún argumento que os xenéricos causaban danos irreversibles para a saúde, Tamén invitamos a Sr Rivera a non usar a demagoxia e baixar o tono político, porque o que cambiou de opinión foi él, e aí está a acta do pleno para confirmalo.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



