Nota de prensa:
ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
O pasado sábado26 de febreiro, ás 12:30 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas do Curso de Atención Sociosanitaria, acto que foi presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Este Curso desenvolveuse dende o 24 de maio ao 17 de novembro de 2011, e no mesmo participaron 15 mulleres. A situación actual das 15 persoas que realizaron este Curso, é a seguinte:
-6 incorporáronse ao mundo laboral.
-4 están estudiando FP.
-1 coida a súa nai.
-4 non están traballando.
En canto ao Curso, incluiu as seguintes Unidades de Competencia:
-INTERVENCIÓNS DE ATENCIÓN FÍSCA DOMICILIARIA DIRIXIDAS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA (170 HORAS)
– INTERVENCIÓNS DE ATENCIÓN PSICOSOCIAL DOMICILIARIA DIRIXIDAS A PERSOAS CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA (210 HORAS)
-ACTIVIDADES RELACIONADAS COA XESTIÓN E FUNCIONAMENTO DA UNIDADE CONVIVENCIAL (100 HORAS)
-PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS (120 H.)
-TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO (15 HORAS).
-IGUALDADE DE OPORTUNIDADES (10 HORAS).
Ademáis disto, as cursillistas disfrutaron de experiencias externas, recibindo visitas na propia Aula (Masaxista Municipal, Equipo de Teleasistencia da Cruz Vermella de Burela, esteticién do Salón de Beleza Marta, veterinario da Clínica Boxer, etc.), desprazándose tamén ao exterior para ver experiencias foráneas, realizando visitas ás Residencias de Maiores de Xove, Burela, Foz, e Betania de Viveiro. Tamén tiveron a oportunidade de realizar prácticas de cociña no Centro Social de Morás durante 15 días con Miriam Louzao, rematando con prácticas de Auxiliar de Axuda a Domicilio (120 horas) en empresas deste tipo da zona.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



