Nota de prensa:
A Fundación TIC grava mañá un vídeo musical do grupo ribadense Escala Drinker
– A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da EIS para a súa formación práctica e futura inserción laboral
– A iniciativa tamén contribúe á promoción de grupos musicais da provincia que non dispoñen de recursos para dar a coñecer os seus traballos
– Os escenarios serán as instalacións do antigo hospital de Castro, a EIS e o Parque Rosalía
A Fundación TIC grava este venres o vídeo musical “La búsqueda” do grupo pop-rock de Ribadeo, Escala Dinker. A colaboración inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do mundo audiovisual. O obxectivo desta clase in situ é completar a súa formación práctica e favorecer a súa inserción no mercado laboral.
Ademais, con esta iniciativa, a Fundación contribúe á promoción de novos artistas da nosa provincia que dispoñen de poucos recursos para dar a coñecer os seus traballos, como é o caso de Escala Drinker.
O vídeo musical de “La búsqueda” terá tres escenarios: o edificio do antigo hospital psiquiátrico de Castro de Rei, onde se gravará pola mañá, e as instalacións da EIS e o parque Rosalía de Castro, pola tarde.
Outras colaboracións
A Fundación TIC xa colaborou noutros destacados proxectos audivisuais que contribúen a promocionar a provincia de Lugo, entre eles, o vídeo musical “Torres de Compostela” da eurovisiva Lucía Pérez.
Ademais participou nas rodaxes do documental Hitler, Garbo… e Araceli, do director Xosé de Cora, na curta Triste soledad de un violinista do sarriano Roberto Lolo e da longametraxe Os mortos van á presa, de Ángel de la Cruz.
Tamén se estimula a relación da Escola co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, a Fundación TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou preto de 40 convenios de colaboración con entidades de Lugo.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



