Nota de prensa:
A Deputación crea 70 novos contratos laborais en Riotorto e Foz durante o mes de marzo
– O Presidente supervisou as obras dende as Rodrigas ó Marco de Álvare coas que se salda unha débeda histórica ó mellorar na súa totalidade a estrada que une Riotorto coa N-640
– Besteiro anuncia novas actuacións en Foz por valor de máis de 250.000 euros que serán aprobadas mañá na Xunta de Goberno da Deputación e suporán mellora de servizos e contratación de 19 persoas
70 persoas, 22 en Riotorto e 48 en Foz, traballarán a partir deste mes de marzo grazas ás obras e ó novo Plan de Emprego da Deputación. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, informou hoxe nos dous municipios das últimas iniciativas do organismo provincial para impulsar e xerar riqueza na zona.
Besteiro supervisou en primeiro lugar o inicio das obras de mellora da CP 5501, dende as Rodrigas ó Marco de Álvare, no Concello de Riotorto. O organismo provincial está a levar a cabo traballos en preto de 6 quilómetros desta vía, dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,800: mellora do treito coa eliminación de curvas perigosas, ensanche da calzada ata os 9 metros, aglomerado en quente, e sinalización vertical e horizontal. Estas actuacións, dotadas de 1.033.000 euros do Plan de Extraordinario de Obra Pública, supoñen a contratación de 15 persoas que se encargarán da súa execución durante 9 meses, así como o total arranxo do vial que transcorre dende Riotorto ó cruce da N-640. A Deputación investiu 380.000 euros na mellora do treito que enlaza Riotorto coa Cabana.
O titular provincial salientou que “esta Deputación cumpre coa palabra dada e salda unha débeda histórica cos veciños de Riotorto. Estes traballos víñanse demandando dende hai máis de 20 anos, tempo no que escoitamos ducias de promesas incumpridas. Tivo que chegar este Goberno provincial para atender ás demandas dos cidadáns creando unha estrada de inmellorables condicións que supón o principal acceso dende Riotorto coa capital. Esta obra, ó igual que a construción da residencia con centro de día que imos a construír en Riotorto, trae novas oportunidades económicas ó medio rural, combate o despoboamento demográfico, e xera emprego. Estes son os retos da Deputación para 2011. Deste xeito, só durante o mes de marzo logramos 22 novos contratos laborais en Riotorto: 15 de operarios, maquinistas, capataces ou enxeñeiros que executan estas obras, e 7 para tarefas de mantemento, conservación e mellora de servizos municipais co Lugo Emprega”.
Pola súa banda, o Alcalde de Riotorto, Federico Estoa, salientou que “hoxe é un día histórico para Riotorto porque se dá cumprimento a unha débeda cos veciños dende hai décadas grazas ó compromiso do Presidente da Deputación con este Concello. O comezo destes traballos supoñen o fin do illamento de Riotorto, un municipio que non tiña unha conexión en condicións coa capital”.
Visita a Foz
En Foz, o Presidente e o Alcalde, José María García Rivera, mantiveron un encontro cos 29 traballadores contratados neste municipio mediante o Lugo Emprega. En principio, tendo en conta a taxa de poboación activa e o número de desempregados, no Concello focense correspondían 20 novos traballo. Sen embargo, ante a necesidade destes postos e o elevado número de solicitantes, o Rexedor solicitou á Deputación incrementar a 29 os empregados. Para elo, incorporáronse medias xornadas pero mantívose a achega económica do organismo provincial: 217.606 euros. Estes profesionais, que se atopaban en paro, integran dende esta semana o equipo de albanelería, xardinería, conservación, e ata un grupo de emerxencia local que complementa as actuacións de Protección Civil. O Presidente destacou que “iniciamos o Lugo Emprega cun éxito notable salvo 2 excepcións: a do Incio cuxo Alcalde foi o único na provincia que rexeitou esta iniciativa, e a de Lourenzá que, logo de asinar un convenio, agora négase a cumprilo porque non debe querer que os seus veciños traballen no Concello. Dende a Deputación tomamos unha decisión irrevocable: as persoas seleccionados en Lourenzá van a traballar, non podemos asegurarlles que en Lourenzá pero si que nos encargaremos de reubicalos”.
Gómez Besteiro aproveitou a visita a Foz para anunciar as novas actuacións que levará a cabo a Deputación neste Concello. A Xunta de Goberno provincial deste venres aprobará 2 das 8 obras que lles corresponden a este municipio dentro do Plan Complementario. Son o acondicionamento da sala de exposicións, da cafetería do Cenima, e da instalación dun spa na piscina municipal (120.092 euros), ademais da mellora da rede viaria municipal mediante aglomerado (146.379 euros). O Presidente salientou que estes traballos suporán a contratación de outras 19 persoas que, xunto ós 29 do Lugo Emprega, fan un total de 48 empregos en Foz durante o mes de marzo.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



