Todo apunta a que algo vai pasar co mapa político asturiano. A formación do Foro Asturias, da man de Francisco Álvarez Cascos, está a espertar unhas expectativas que non pasan desapercibidas (aínda que si son ignoradas para facelas pasar desapercibidas). Non pretendemos tomar partido nin nun sentido nin noutro. Son as asturianas e asturianos quen se deben pronunciar ao respecto. En todo caso, sirvan estas liñas para meditarmos se hai pouso suficiente na tradición política asturiana para intentar incluír esta nova aposta na súa vida política.
No mundo do asturianismo atopámonos, ao longo da historia, con posicionamentos rexionalistas, centrados na defensa de determinadas peculiaridades culturais, a partir das cales poderíanse defender dereitos políticos e administrativos. Tamén podemos referirnos a posturas netamente nacionalistas, que ven a Asturias como unha nación de seu. Este posicionamento nacionalista é relativamente recente, remóntase a mediados dos anos 70 (s.XX). “Conceyu Bable” é a asociación de referencia por antonomasia e terá, na cuestión da reivindicación lingüística, unha das súas principais demandas.
Á hora de procurar unhas orixes a este pensamento nacionalista asturiano temos que nos remontar á Ilustración. É ben certo que non podemos falar de postulados nacionalistas no século das Luces, pero si dun agromar de certo sentimento asturianista. Xovellanos ten o firme propósito de crear a “Academia de les Buenes Lletres Asturianes”. El e os seus colaboradores poñerán en marcha un primeiro movemento de recuperación do idioma co que pretenden salvar todos aqueles textos que se puideran conseguir. Fomentaban deste xeito a posta en marcha dunha nova literatura. Con ela, intentarase levar a cabo unha campaña de sensibilización social. A “Colección de poesías en dialecto asturiano” (1830) de Xosé Caveda y Nava é un claro exemplo de aposta polo estudio da cultura tradicional asturiana. Tamén se defenderán as institucións políticas rexionais e demandarase autonomía e proteccionismo económico. Con todo, os posicionamentos políticos basean grande parte da súa argumentación en características culturais distintivas, a saber: lingua, costumes, valores, mitos e lendas, psicoloxía popular, maneiras de producir, organización socio-económica… Na procura de todas estas características a través dos correspondentes estudos constatarán a contraposición do mundo asturiano, visto como pertencente ao mundo celta, á Europa Atlántica, co mundo e a cultura mediterráneos.
As posicións políticas asturianistas foron maioritariamente conservadoras (Junta Regionalista del Principado, Instituto de Estudios Asturianos) e reformistas (D. Xosé Caveda y Nava). Nos comezos do século XX podemos notar a presenza de asturianismo esquerdista na Mancomunidad de Ayuntamientos Mineros, que defendían a proposta federalista de Pi y Margall.
Ao entender de Xuán Bello (puidemos gozar da súa compañía, entre outras ocasións, nunha conferencia impartida no IES Gamallo Fierros na que abordou este tema) Asturias viu morrer o programa romántico nacente en Xuan María Acebal. Dito programa estaba moi vinculado a sectores conservadores da sociedade asturiana, ao carlismo, que en Asturias vaise ver totalmente desprazado por unha industrialización cada vez máis puxante. O capital foráneo investido na economía asturiana asentarase sobre unha ideoloxía liberal. E o proletariado que vai xurdindo á sombra desta dinámica económica abrazarase ás ideas socialistas, coas que dará resposta ao gran capital e a súa dinámica industrial. Uns e outros han prestar ben pouca atención á identidade nacional. Xa que logo, a procura do elemento diferenciador que permita crear uns sinais de identidade é abandonada. Estamos ante, por unha banda, unha burguesía liberal estraña e, por outra, un proletariado que reacciona fronte a dita burguesía cunhas ideas internacionalistas.
Farruco GRAÑA





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



