Nota de prensa
CONCELLO E DEPUTACIÓN ASINARON UN CONVENIO PARA DESESTACIONALIZAR O TURISMO EN RIBADEO EN TEMPADA BAIXA. O PROXECTO PRETENDE ATRAER EMPRESAS E COLEXIOS PROFESIONAIS CO OBXECTIVO QUE DE REALICEN NA VILA AS SÚAS XUNTANZAS ANUAIS OU OS CONGRESOS QUE ORGANIZAN.
Ribadeo, 17 de marzo de 2011. Concello e Área de Turismo da Deputación asinaron un convenio para desestacionalizar o turismo en Ribadeo en tempada baixa. O proxecto, Ribadeo de congresos, pretende atraer a empresas e colexios de profesionais co obxectivo de que elixan a vila para a celebración das súas xuntanzas anuais ou dos eventos que organizan.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “é unha boa noticia e un paso moi importante a sinatura deste convenio extraordinario coa Área de Turismo da Deputación Provincial de Lugo co fin de contribuir a desestacionalizar o turismo en tempada baixa. E queremos aproveitar un nicho de mercado que está vacante e que o concello de Ribadeo ten unhas potencialidades moi importantes para levalo adiante, trátase deste turismo de reunións e de congresos”.
Suárez Barcia explicou que “baixo a denominación de Ribadeo de congresos, queríamos atraer a estas empresas, a estes colexios de profesionais, a estes organizadores de eventos, que non só pensan en grandes cidades para facer reunións anuais ou de empresa senón que tamén acuden a vilas de tipo medio ou vilas que ofrezan diferentes servizos a maiores que un local para xuntanzas. Cremos que Ribadeo conta cunha potencialidade enorme, ten un sector hostaleiro moi importante, conta con máis de 1.000 prazas entre hoteis, hostais, o Parador, en turismo rural…”.
O rexedor sinalou que “este diñeiro público que agora conseguimos, 15.000 euros para este 2011, contribuirá a poñer en marcha toda esta iniciativa, pero dependerá moito da implicación e do interese do sector neste proxecto para crear un novo produto turístico. Nos vindeiros días desde o Concello teremos unha reunión aberta con todo o sector para perfilar cómo imos poñer en marcha esta iniciativa”. Fernando Suárez entende que “o Concello ten que facer a labor de coordinación e de buscar as empresas e colexios de profesionais para que se fixen en Ribadeo, terá que publicitar a iniciativa nos medios de comunicación e o sector terá que poñerse a tiro, é dicir terá que facer uns paquetes económicamente adaptados para que Ribadeo poida competir con outras cidades e con outras vilas, quizáis de porte maior, pero que non teñen as singularidades paisaxísticas, culturais ou patrimoniais nin os servizos que a día de hoxe ten Ribadeo”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



