Nota de prensa
O PP aposta pola inexistencia de ningún tipo de barreiras para os discapacitados .
* López Abella afirma que Burela recibiu máis cartos para servicios sociais en 2010 ca en 2009.
* Os populares celebran un foro sobre discapacidade ó que asistiron cincuenta persoas.
Burela, 26 de marzo de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela celebrou onte, venres, un foro sobre discapacidade dentro do programa de actuacións do partido de achegar a súa mensaxe á sociedade e ó mesmo tempo escoltar directamente dos sectores implicados os problemas e solucións que se plantexan. No pasado mes de decembro o PP de Burela organizou un foro sobre inmigración, e a principios de abril está prevista a celebración de outro foro sobre asuntos de interese para unha parte da sociedade burelesa.
A este foro sobre discapacidade asistiron aproximadamente unhas cincuenta persoas, entre representantes do asociacionismo implicado nesta problemática, coma COGAMI, Camiña, Asociación de Axuda ó Enfermo Mental, profesionais directamente vencellados cos problemas da discapacidade e tamén da integración social como traballadores sociais, monitores, etc, así como pais e nais de discapacitados e público en xeral.
Por parte do PP, interviron José Manuel Balseiro, Secretario Xeral do partido na provincia; a exconcelleira burelesa Raquel Río; a traballadora social Diana Durán, membro do PP burelés, e Susana López Abella, Secretaria de Servicios Sociais do PPdeG, e actual Secretaria Xeral de Familia e Benestar. O acto foi presentado polo candidato á alcaldía José María González Barcia.
Por parte do PP, fíxoxe fincapé nas enormes potencialidades do asociacionismo no mundo da discapacidade. Raquel Río fixo un balance do conseguido polo concello de Burela durante doce anos de goberno popular, e resaltou a posta en marcha de servicios que agora son imprescindibles pero quetampouco se milloraron nestes últimos catro anos. Diana Durán apostou pola concertación coa Xunta de prazas para o Centro de Día de discapacitados (proxecto que deixou encamiñado o PP durante o seu goberno municipal pero que non tivo ningún avance), pero foi máis alá, plantexando como proxecto de futuro traballar e concretar un centro ocupacional e residencial de diminuidos psíquicos.
López Abella (que aproveitou a súa estancia en Burela para facer unha visita privada ó Centro San Aníbal rexido polas Hermanas del Divino Celo) resaltou a necesidade de aumentar a colaboración cos concellos, e neste senso destacou o incremento de axudas da Xunta ó concello de Burela a través do Plan Concertado de Sevicios Sociais para 2010 en relación con 2009. Asimismo, recoñeceu a importancia das campañas de sensibilización e concienciación en materia de integración das persoas diminuidas, de cara a establecer ningún tipo de barreiros de accesibilidade, non sólo físicas senón tamén de outro tipo: “é mui importante que os diminuidos poidan acceder a todo tipo de recintos e información, pero tamén é mui importante que accedan ó mercado de traballo”.
Por último, González Barcia desexou que “o traballo que entre todos facemos no mundo da discapacidade, cada un desde as súas responsabilidades, faigan posible que nun futuro non haxa que organizar foros como este que estamos a celebrar”.
Os populares valoraron mui positivamente a elevada participación neste foro, e aseguraron que algunhas iniciativas plantexadas polos colectivos asistentes serán concretadas en breve.
PP de Burela.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



