Nota de prensa
LIGA DE BURELA DE FÚTBOL SALA
RESULTADOS DA XORNADA 16 4-3
MONTE CASTELO
22:00 RESTAURANTE MIRANDA – PUB JOKER 12-2
22:50 AMISTADE F.S. – VILA DO VAL 7-8
- VISTA ALEGRE
22:00 CONSTRUCIÓNS JL – METRO APP INFORMÁTICA BURELA 1-3
22:50 C. JOSÉ MANUEL P. MONTO – P. DE JANDRO OS CASTROS 1-2
DESCANSA: A TENDA DO ROXO
| X | G | E | P | GF | GE | PTOS | ||
| 1 | PUB JOKER | 15 | 10 | 3 | 2 | 50 | 42 | 33 |
| 2 | RESTAURANTE MIRANDA | 15 | 9 | 1 | 5 | 62 | 49 | 28 |
| 3 | METRO, APP BURELA | 14 | 8 | 1 | 5 | 66 | 40 | 25 |
| 4 | CONSTRUCIÓNS JL | 14 | 7 | 2 | 5 | 60 | 49 | 23 |
| 5 | HOTEL VILA DO VAL | 14 | 6 | 3 | 5 | 60 | 69 | 21 |
| 6 | AMISTADE F.S. | 14 | 5 | 2 | 7 | 51 | 43 | 17 |
| 7 | A TENDA DO ROXO | 14 | 5 | 2 | 7 | 42 | 51 | 17 |
| 8 | PARRILLADA DE JANDRO | 14 | 4 | 2 | 8 | 35 | 52 | 14 |
| 9 | C. JOSÉ MANUEL, P. MONTO | 14 | 0 | 4 | 10 | 30 | 61 | 4 |
| SANCIÓNS | |||
| XOGADOR | EQUIPO | SANCIÓN EC. | SANCIÓN DEPORTIVA |
| ALBERTO MARTÍNEZ | METRO APP | 3 € PAGADA | |
| LUÍS GAY | AMISTADE | 3 € | |
| ESTEBAN FREIRE | JL | 3 € | |
| ADRIÁN GÓMEZ | VILA DO VAL | 3 € | |
| JOSÉ LORENZO | VILA DO VAL | 13 € | 2 PARTIDOS |
| RUBÉN FANEGO | VILA DO VAL | 3 € | |
| JUANÍN PEINÓ | P. DE JANDRO | 3 € | |
| MICHEL GARCÍA | ROXO | 3 € | |
| JAVI DÍAZ | ROXO | 3 € | |
| JOSÉ MARÍA | ROXO | 3 € | |
XORNADA 17 18-3
MONTE CASTELO
22:00 METRO APP INFORMÁTICA BURELA – AMISTADE F.S.
22:50 RESTAURANTE MIRANDA – CONSTRUCIÓNS JL
- VISTA ALEGRE
22:00 HOTEL VILA DO VAL – C. JOSÉ MANUEL P.MONTO
22:50 A TENDA DO ROXO – PARRILLADA DE JANDRO OS CASTROS
DESCANSA: PUB JOKER
XORNADA 18 25-3 (ÚLTIMA XORNADA DE LIGA)
MONTE CASTELO
22:00 CONSTRUCIÓNS JL – AMISTADE F.S.
22:50 C. JOSÉ MANUEL P. MONTO – METRO APP BURELA
- VISTA ALEGRE
22:00 PARRILLADA DE JANDRO OS CASTROS – PUB JOKER
22:50 A TENDA DO ROXO – HOTEL VILA DO VAL
DESCANSA: RESTAURANTE MIRANDA
| DEPORTIVIDADE | |
| METRO, APP BURELA | 24PTOS |
| A TENDA DO ROXO | 24 PTOS |
| C. JOSÉ MANUEL, P. MONTO | 24 PTOS |
| RESTAURANTE MIRANDA | 43 PTOS |
| PUB JOKER | 44 PTOS |
| PARRILLADA DE JANDRO | 47 PTOS |
| AMISTADE F.S | 65 PTOS |
| HOTEL VILA DO VAL | 70 PTOS |
| CONSTRUCIÓNS JL | 94 PTOS |
| EQUIPOS MÁIS GOLEADORES | |
| METRO, APP BURELA | 66 (DANI – 16) |
| RESTAURANTE MIRANDA | 62 (ANXO – 13) |
| CONSTRUCIÓNS JL | 60 (ALBERTO -20) |
| HOTEL VILA DO VAL | 60 (PIRIBÍ – MONTI 14) |
| AMISTADE F.S. | 51 (ADRIÁN – 18) |
| PUB JOKER | 50 (MANOLO – 17) |
| A TENDA DO ROXO | 42 (BORJA – 10) |
| PARRILLADA DE JANDRO | 35 (MONCHO – 11) |
| C. JOSÉ MANUEL, P. MONTO | 30 (SERGIO – 101) |
| EQUIPOS MENOS GOLEADOS | |
| METRO, APP BURELA | 40 |
| PUB JOKER | 42 |
| AMISTADE F.S. | 43 |
| CONSTRUCIÓNS JL | 49 |
| RESTAURANTE MIRANDA | 49 |
| A TENDA DO ROXO | 51 |
| PARRILLADA DE JANDRO | 52 |
| C. JOSÉ MANUEL, P. MONTO | 61 |
| HOTEL VILA DO VAL | 69 |






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
