Nota de prensa
A FEGAMP creará un grupo de traballo estable para frear o despoboamento demográfico logo da xornada “Lugo Reacciona”
– Carlos Fernández fixo este anuncio na clausura do encontro no que os mellores expertos de Galicia se deron cita para buscar solucións que permitan fixar poboación na Comunidade
– Emprego e as tres “t” –tolerancia, tecnoloxías e talento-, claves para frear o despoboamento segundo a Secretaria Xeral da FEMP
– Como primeiro paso para paliar esta situación, o organismo provincial accionou mecanismos como o traballo en rede entre Concellos, plans de emprego, promoción de produtos autóctonos e servizos medioambientais, así como a construción dun centro de recría de gando único no noroeste peninsular
O Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, acompañado do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este venres na clausura da xornada “Lugo Reacciona. Debate con Propostas de futuro fronte ó despoboamento demográfico”, que a Federación que preside creará un grupo de traballo estable para desenvolver un programa contra o despoboamento demográfico, propoñéndolle ós responsables municipais que se sumen a esta iniciativa. “Perdoa Presidente que nos apropiemos de Lugo Reacciona pero o tempo corre da nosa contra. A fusión de municipios non é a solución porque tradúcese en máis diseminación e o mesmo envellecemento, é dicir é máis caro. Temos que apostar polo traballo en rede que é a forma de economizar”.
Esta foi unha das conclusións que se extraeron da xornada, a primeira destas características que se celebra na provincia, e que contou coa presenza de prestixiosos expertos co fin de extraer propostas consensuadas e, sobre todo, reais. O Presidente da FEGAMP destacou que “250 dos 315 municipios galegos perderon poboación sendo Lugo e Ourense cun 88% e un 82% respectivamente, os máis desertizados”. E defendeu a prestación conxunta de servizos municipais “aínda que algunhas administracións en lugar de ver ós Concellos como maiores de idade, venos con recelo e queren acubillarnos baixo a súa ala protectora”. A este respecto, Gómez Besteiro destacou na inauguración que “o motivo deste debate, no que levamos traballando varios meses non é lamentarse, é reaccionar. Temos a responsabilidade de actuar. Tendo en conta a vocación rural da provincia, temos que interpretalo doutra maneira. Veño a escoitar ós que saben porque temos que ser conscientes do problema para afrontalo”.
Conclusións dos expertos
O traballo en rede dos Concellos abaratando custes; a comercialización internacional da produción autóctona, aproveitando a imaxe, marca e produto de Galicia (de cada 100 euros que os españois gastan en alimentación, 60 lévanos as grandes empresas de distribución, polo que é imprescindible organizar a produción autóctona); un mellor ordeamento da propiedade da terra; a potenciación do sector primario, xerando negocios e actividades realmente sostibles no tempo (creando centrais de reservas, actividades complementarias para o turista rural, cooperando coas grandes e pequenas empresas para abaratar distribución, etc); o cambio da cultura emprendedora e do modelo produtivo (como exemplo, os especialistas sinalaron a contradición: “vendemos leite pero compramos iogures”), abandonando a idea de que o negocio está na subvención; a potenciación do emprego a través de servizos de benestar social ofrecidos no propio medio rural, sen que obriguen a xubilarse na cidade; o despregamento das novas tecnoloxías como motor do cambio social no rural; foron as principais conclusións amplamente desenvoltas polos expertos ó longo de todo o foro. Os especialistas abogaron porque o futuro plan de desenvolvemento fotovoltaico e da biomasa se faga con racionalidade e non como ocurríu cos parques eólicos sen un plan director e construidos sen participación local e expropiando a un prezo de miseria terras con grande potencial enerxético.
Ponentes
A xornada, de entrada libre, deu comezo ás 17:00 horas. Logo da inauguración constituíuse a mesa-debate formada polos mellores especialistas en demografía de Galicia. Neste senso, ademais da Secretaria Xeral da FEMP, déronse cita nas dependencias provinciais, Melchor Fernández, Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA); Andrés Precedo Ledo, profesor especialista en Xeografía Humana, ex-director e Secretario Xeral da Xunta de Galicia; José Manuel Colmenero Álvarez, especialista de Estatísticas e Investigación Operativa e delegado provincial do INE en Lugo; e de Francisco Sineiro García, un dos profesores con maior prestixio en Galicia de Economía Agraria e ex Conselleiro de Agricultura da Xunta con González Laxe. As conclusións para a súa posterior elaboración correron a cargo do profesor e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, Vicente González. O encontro estivo moderado polo que foi Director de Sondaxe durante 20 anos e Profesor de Socioloxía, Gabriel Vázquez. A clausura correu a cargo do Presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, e do Presidente do organismo provincial.
Inauguración
A inauguración do encontro correu a cargo da Secretaria Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Isaura Leal, quen destacou como novas oportunidades para fixar poboación o emprego, e as tres “t”: tecnoloxías, que se deben aplicar tanto nas explotacións gandeiras como na escola, talento e tolerancia no sentido de saber adaptarse ás novas oportunidades. “Lugo es una de las provincias españolas con menos fracaso escolar. En España destaca por el salto cualitativo y cuantitativo que ha dado en pocos años, pasando de poca formación a adquirir una formación media”. Por todo isto, “sentir el orgullo de provincia previene el abandono demográfico”. En España existen máis 8.000 municipios, dos que 6.000 teñen na actualidade menos de 500 habitantes, “por lo que el problema demográfico no es un verso suelto en esta provincia”, destacou.
A este respecto, o Alcalde da cidade afirmou que “non me conformo con que a poboación de Lugo aumentase nos últimos anos se é a costa dos Concellos de arredor. O 20% dos cidadáns supera os 65 anos, polo que este é un dos maiores problemas que temos, xunto co paro”. Pola súa banda, o Subdelegado do Goberno subliñou que “é un debate moi oportuno e axeitado porque a demografía está adquirindo un tinte dramático en Galicia e, concretamente, no rural de Lugo”. Por este motivo, Portomeñe instou a Xunta a implicarse porque “hoxe están presentes todas as institucións menos a administración autonómica”.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



